ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA

IBIComunícaselles a todos os cidadáns que, con motivo da ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA (IBI) no municipio de Aranga, a empresa EIBISA NORTE SL, adxudicataria do contrato de "Asistencia técnica para o mantemento da xestión catastral" coa Deputación Provincial da Coruña, estará á súa disposición para a tramitación das ALTAS,

Lei 48/2002, do 23 de decembro, do Catastro Inmobiliario. (BOE 307). Art..5. 4. a)

"Serán obxecto da declaración (..)los seguintes feitos, actos ou negocios.

Ler máis:ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM

Por medio do presente bando ponse en coñecemento das persoas interesadas, que de conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Pleno Municipal do concello de Aranga, na sesión que se realizou o día 10 de abril de 2012, aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, con carácter previo á aprobación provisional, así como o informe de sostibilidade ambiental e as propostas de convenios urbanísticos que se integran nel.

Ler máis:EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM

NOVAS PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARANGA.

Por medio do presente Bando, pónse en coñecemento de todos os veciños do termo municipal, que o Pleno Municipal, na sesión que realizou o dia 10 de abril de 2012, fíxo a segunda aprobación inicial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga.
 
    Iníciase un novo período de exposición pública de dous meses que se contarán dende o día seguinte a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ler máis:NOVAS PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARANGA.

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

 O Concello vai proceder á recollida de plásticos agrícolas, por iso, as persoas interesadas en que se lles preste este servizo terán que depositar os plásticos debidamente dobrados e atados ao lado dos contedores do lixo existentes, con anterioridade ao día 19 de abril de 2012, data na que se procederá á súa retirada. 

PUNTUACIÓN DOS ASPIRANTES A CUBRIR A PRAZA DE PEÓN - TRACTORISTA NESTE CONCELLO DE ARANGA, OBTIDA NA FASE DA VALORACIÓN DOS MÉRITOS

oposicion

RESULTADO CONCURSO DE MÉRITOS PARA A PRAZA DE PEÓN TRACTORISTA

Tras superar o concurso de méritos convocado ao efecto e logo de ver á proposta efectuada polo tribunal cualificador, faíse público que por Resolución da alcaldía do día 20 de marzo de 2012 , nomease peón- tractorista , como persoal laboral temporal, a D.Garbriel Rodriguez Sánchez.

Ler máis:RESULTADO CONCURSO DE MÉRITOS PARA A PRAZA DE PEÓN TRACTORISTA

Información adicional