Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Novas de cultura do concello



[1] Cultura
Fotos Festa San Paio 2010 e III encontro da A. VV. Santa Cruz PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Mércores, 14 Agosto 2010
A A. VV. Santa Cruz de Aranga organizou o pasado 27 de xuño de 2010 a festa do San Paio e o III encontro da asociación no que participaron arredor de 400 persoas, pasando un día de ledicia no que houbo un sorteo de numerosos agasallos e contamos coas actuacións das Patuleiriñas, o grupo Jocker e as Cantareiras de Ardebullo.

Para ver as fotos facede clic no seguinte enlace
[Fotos]
 
FIESTAS EN FERVENZAS EN HONOR A SANTA ISABEL PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Martes, 29 Xullo 2010
Un año más la parroquia de Fervenzas en el ayuntamiento de Aranga ultima los preparativos para la celebración de sus fiestas parroquiales en honor a Sta Isabel el fin de semana de los días 3 y 4 de Julio.
El sábado día 3 habrá misa solemne a la 1:15, sesión vermouth y verbena a cargo del grupo musical Boreal.
El domingo día 4 habrá misa a la 1:00 y  una larga sesión vermouth amenizada por el dúo Sintonía.
La comisión organizadora de las fiestas quiere agradecer a todos los que colaboran año tras año para la realización de estas grandes fiestas.
NOTA: Ante cualquier duda ponerse en contacto con Luisa  Tf: 637819747
 
A A.VV Santa Cruz de Aranga organiza o III Encontro da Asociación PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Luns, 07 Xullo 2010

A A.VV Santa Cruz de Aranga organiza o III Encontro da Asociación e a Celebración do San Paio, con un xantar e a actuación estelar das Cantareiras de Ardebullo.

Será o 27 de xuño de 2010.
Programa:
- Misa ás 12:00 na Igrexa Parroquial,
- seguidamente actuación do grupo folclórico Patuleiriñas de Aranga.
- Sesión vermú.
- Ás 14:00h xantar e actuación dun grupo musical e das Cantareiras de Ardebullo.
O Xantar inclúe: Empanada, churrasco, liscos, polo, doce e queixo, café e augardente.
Prezo: socios 10€, non socios 15€
Para inscribirse, contactar con calquera membro da asociación ante do 23 de xuño.
Modificado o ( Mércores, 07 Agosto 2010 )
 
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Martes, 04 Xuño 2010
A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título da ESO, para maiores de 18 anos.
Se estás interesado nas mesmas, tes de prazo ata o 28 de maio para matricularte
A proba é o 10 de xuño.

As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes ámbitos:

a)Ámbito da comunicación (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira- inglés ou francés)

b)Ámbito científico-tecnolóxico:  Matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e medio natural.

c)Ámbito Social: Ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción educación plástica e visual e música.
Centros: 
A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3 A Coruña
Ferrol: EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns S/N Ferrol
Lugo: Centro EPA de Alberios, parque da Milagrosa S/N Lugo

INFORMACIÓN:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Departamento territorial da Coruña
Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar
Praza de Luis Seoane, s/n. 15071 -A Coruña
Tel.: 981 184 700 / 981 184 731 


 
Festa da Santa Cruz de Aranga 2010 PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Xoves, 15 Maio 2010

Un ano máis Aranga celebra a Festa da Santa Cruz. Será o 3, 8 e 9 de maio de 2010.
Programa:
Luns 3:
Misas ás 9, 10, 11, 12 e 18h
Sesión vermouth coa orquestra Estelares. O xantar farase na carpa, onde unha "pulpeira" venderá pulpo e churrasco, estará amenizada a sobremesa por un duo  musical.
Verbena pola noite.

Sábado 8:
Misa ás 12h. Actuación a continuación do grupo Patuleiriñas e sesión vermouth co grupo Alma Latina. Verbena con Alma Latina e a orquester Manhatan

Domingo 9:
Misas ás 9, 10, 11, 12 e 18h. Ás 13:00h misa maior coa coral Albeiro de Velouzás e sesión vermouth coa orquestra Impacto. Non haberá verbena nocturna, senón pola tarde..
Haberá carpa instalada
Modificado o ( Mércores, 21 Maio 2010 )
 
Horarios 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escola municipal de folclore
escrito por cris   
Venres, 19 Marzo 2010

PARTICIPA DO FOLCLORE!!!

 

HORARIOS:

 

Baile tradicional:

 

Iniciación:                  luns    de 17:00 a 18:00

Perfecionamento:    luns   de 18:00 a 19:00

 

Canto e pandeireta: luns   de 19:00 a 20:00

 

Gaita:                        

 

Iniciación:                  venres de 17:00 a 18:00

Perfecionamento:   venres de 19:00 a 20:00

 

Instrumentación:     venres de 18:00 a 19:00

 
Escola Municipal de Folclore PDF Imprimir Correo-e
Escola municipal de folclore
escrito por Cris   
Venres, 19 Marzo 2010

A Escola Municipal de Folclore do Concello de Aranga crease no ano 1996 como unha forma de achegamento do folclore ós rapaces do Concello, impartindo cursos de baile e pandeireta.

 

            A partires do ano 1998 comezase a mostrar este traballo en celebracións do Concello como o Día da Árbore, sendo tradicional a súa participación.

 

            No ano 2003, con gran entusiasmo nace desta Escola o Grupo “Patuleiriñas” que comenza a súa andaina en festas parroquiais do noso municipio ó longo do verán acudindo a todalas festas que o solicitaron con gran éxito.

 

            Outras actuacións sobranceiras foron a participación na gravación do programa “Galicia Enteira” e “Luar” da TVG. Tamén teñen participado en varios concursos de Baile e Música tradicional.

 

            Dende o 2005 introdúcese como novidade a impartición de clases de gaita, percusión tradicional e canto tradicional.

Modificado o ( Venres, 19 Marzo 2010 )
 
Charla sobre alimentación saudable en Aranga PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Mércores, 03 Marzo 2010
O concello de Aranga organiza unha CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Será impartida por Marta Carballal, pediatra do Centro de Saúde de Betanzos
Venres 19 de febreiro 2010 ás 17.00 ata as 19.00 h

Inscripcións no concello ata o 15 de febreiro.
Máis información no 981 793551
Modificado o ( Mércores, 03 Marzo 2010 )
 
Merenda con contos, na biblioteca do Toxiño PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Mércores, 20 Febreiro 2010
Ven merendar cos mellores contos da túa biblioteca.
Hai unha morea de historias esperándote.
Contaremos historias fantásticas, de animais, clásicos,…

LUGAR: AXENCIA DE LECTURA “O TOXIÑO”
HORARIO: MARTES ALTERNOS DE 17:30 A 18:30 HORAS
A actividade comezará o martes 19 de xaneiro. Os próximos días
serán anunciados na porta das Axencias de Lectura)
 
"II Curso de Cestaría" PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Mércores, 20 Febreiro 2010
Organiza Asociación de Veciños Santa Cruz de Aranga

Prezo: 20 € para socios/as, 40 € non socios/as
 
Lugar: Ponte-Aranga
Horario: sábados alternos de 10:00 a 13:00 horas
Comezo: sábado 23 de xaneiro de 2010
Para se inscribir contactar con algún dos membros da directiva da asociación.
 
Festa do Entroido de Aranga. Actuación das Cantareiras de Ardebullo PDF Imprimir Correo-e
Actividades culturais
escrito por Administrator   
Mércores, 20 Febreiro 2010
Sábado 20 de Febreiro de 2010
Organizada pola Federación Veciñal de Aranga “Fragas do Mandeo”
Programa:
- 12:00 h: Misa na igrexa parroquial San Paio de Aranga. Ás 12:30h.: Actuación do grupo Patuleiriñas
- 13:00 h: Xogos Populares (a bilarda, a ra, carreira de sacos e tiro á corda)
- 14:30 h: XANTAR: empanada, cocido (chourizo, cacheira, grelos, patacas, etc...), filloas, roscas, café, augardente.
- Pola tarde actuación dun GRUPO MUSICAL e das Cantareiras de Ardebullo

Prezo: 15 €/persoa
(7€ nenos/as menores de 10 anos)
Entradas xa á venda.

Contactar  con  calquera  membro  das  asociacións  de  veciños Santa Cruz de Aranga, San Lourenzo de Vilarraso, Alba Muniferral,
San Vicente de Fervenzas e San Pedro de Cambás) antes do 17 de Febreiro de 2010.
Haberá  concurso  de  disfraces  con  2  premios  (1  para  o  mellor disfraz  individal e outro para grupos).
Haberá un agasallo para todas as persoas que asistan disfrazadas.

Colabora Concello de ARANGA
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 21 de 66
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites