BASES CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SE FIN DE LUCRO PARA O ANO 2014

ANUNCIO.-

Polo presente anuncio ponse en coñecemento dos interesasdos/as que o pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 14 de maio de 2014, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para o ano 2014, establecendo o prazo de vinte días hábiles, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.

Aranga, 14 de maio de 2014

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA O ANO 2014.

1. Finalidade e principios xerais.

Coa finalidade de apoiar ás entidades e asociacións sen fin de lucro que prestan servizos ou realizan actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal, ou que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio, no ámbito da cultura, deporte e festexos patronais, convócanse para o exercicio 2013 as seguintes subvencións, consoante co disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real Decreto 2/2004, de 5 de maio, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 38/2003 xeral de subvencións e o seu regulamento, na Lei 5/1997 de administración local de Galicia e na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o seu regulamento.

Os principios aos que se suxeita o procedemento de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

A presente convocatoria márcase obxetivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades e equipamentos mediante a concesión de subvencións.

Ler máis:BASES CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SE FIN DE LUCRO PARA...

Información adicional