ORDENANZA DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR MUNICIPAL

ORDENANZA DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR MUNICIPAL

ARTIGO 1.-CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece o prezo público polo Servizo de Axuda no fogar.

ARTIGO 2.-FINANZAMENTO DO SERVIZO

O finanzamento do servizo de axuda no fogar realizarase con cargo ás achégas do concello, subvencións doutras administracións públicas e a taxa que corresponde satisfacer polas persoas usuarias.

ARTIGO 3.-OBRIGADOS /AS O PAGAMENTO

Están obrigados/as ao pago todas aquelas persoas que:

A) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da autonomía persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención(PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo(calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

B)As persoas que accedan o servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no regulamento específico de funcionamento.

C)Se o/a beneficiario/a carecera de capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 4.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo.

1.- Considérase persoa usuaria do servizo aquela para a que se solicite o servizo, e no caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros adultos da unidade de convivencia responsable dos menores que formen parte dela.

2.-A capacidade económica das persoas usuarias do SAF calcularase en atención á súa renda, e se é o caso, ao seu patrimonio. Terase en conta ademais, as persoas convivintes e economicamente dependentes da persoa usuaria.

3.- A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais.

4.-Para o computo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder.

Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella.

5.-A capacidade económica por razón da renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co número anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de renda computadas e , se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.

7.- A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir de 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.

8.- Para o cómputo da renda ou do patrimonio terase en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

9.-Para a actualización da información relativa á capacidade económica, os usuarios presentarán, antes do final de febreiro de cada ano, xustificación documental das circunstancias socio-económicas tidas en conta para o acceso ao servizo.

ARTIGO 5.-PARTICIPACION ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SAF

Para os efectos da aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de rendas de efectos múltiples(IPREM).

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do presente artigo, se establece o prezo da hora por prestación de servizo en 12 €.

O prezo/hora podrá ser revisable anualmente segundo o IPC .

A contía do prezo público regulado na presente ordenanza, de conformidade co artigo 17 e 18 da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, será de acordo coa tarifa contida nos apartados seguintes:

1.-No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao IPREM, quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2.-Para o resto dos supostos establécese os seguintes tramos de copagamento en función da capacidade económica da persoa usuaria en relación co IPREM:

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

PORCENTAXE DE CONTRIBUCCIÓN

 

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

PORCENTAXE DE CONTRIBUCCIÓN

Entre o 100%-150% IPREM

10% do custo do servizo

Entre o 150%-200% IPREM

12% do custo do servizo

Entre o 200%-250% IPREM

15% do custo do servizo

Entre o 250%-300% IPREM

20% do custo do servizo

Entre o 300%-350 IPREM

28% do custo do servizo

Entre o 350 %-400% IPREM

40% do custo do servizo

Superior ao 400%-500% IPREM

60% do custo de servizo

Superior ao 500% IPREM

65 % do custo do servizo


Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán preveerse excepcións aos criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructurización e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo , da que en todo caso deberá deixarse constancia no correspondente expediente.

ARTIGO 6.- CONDICIONS DE PAGAMENTO

1.-Nos casos contemplados como de baixa temporal no regulamento do servizo de axuda no fogar os beneficiarios/as non aboarán a cota correspondente de aportación durante ese tempo.

2.-No caso de ausencias non xustificadas e /ou non comunicadas os beneficiariops aboarán a cota correspondente de aportación.

3.-Se a algunha persoa beneficiaria non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

4.-As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.

ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN

1.-Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Asemade rexerase polas normas do Regulamento específico do servizo, no seu artigo 18 referente á extinción do servizo.

2.-As liquidacións correspondentes poderán practicarse mensual, bimensual ou trimestralmente.

3.- O pago do prezo público realizarase polos obrigados ó mesmo mediante domiciliación bancaria ou pagamento na tesourería do Concello.

ARTIGO 8 .- Para todo o non previsto na presente Ordenanza, se estará ao establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009.

DISPOSICION DERROGATORIA

Queda derrogada a ordenanza fiscal nº 12 reguladora del prezo público por la prestación del servizo de axuda no fogar, publicada no boletín 295, de 27 de decembro de 2001.

DISPOSICION FINAL

O presente acordo estrará en vigor unha vez publicada no Boletín Provincial da Provincia e haxa transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Información adicional