ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ALCANTARILLADO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ALCANTARILLADO.

Artigo 1.- Fundamento e Natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución , polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril , reguladora das bases do réxime local , e os artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este concello de Aranga acorda a imposición e ordenación da tasa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable que se rexirá pola presente ordenanza fiscal .

Artigo 2.- Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta tasa, a prestación do servizo de evacuación de auas pluviais, negras e residuais , a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuración.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo , xa sexa a título de propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2. Terán a condición de suxeitos pasivos , substitutos do contribuínte , os propietarios das vivendas ou locais , que poderán repercutir as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.

Artigo 4.- Responsables.

1.Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.2 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, ou sindicos, interventores o liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xerall, nos supostos e cos alcances que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artículo 5º.- Cuota Tributaria.

A cuota tributaria a exisir pola prestación do servicio, inclúe a cuota de vertido, a cuota de alta e a cuota de enganche, será a seguinte:

- Cuota de vertido: Vivendas : 21,00 € trimestrales.

Resto de locais: 30,00 € trimestrales.

A estas cuotas engadiráselles o IVE correspondente.

- Cuota de alta : 100,00 € que se aboarán ao darse de alta no servizo.

- Cuota de enganche, que inclúe a acometida: clip de conexión, tubería para saneamento de pared compacta de 160mm de diámetro e profundidade máxima de 1,50 m, arqueta de conexión con tapa de fundición de 400 X 400 mm, excavación, recheo e reposición de pavimento no seu caso.

Segundo o tramo: 480,00 € ata os 10 m.

580,00 € ata os 20 m.

680,00 € ata os 30 m.

A estas cuotas engadiráselles o IVE correspondente.

A partir da lonxitude de 30 m, profundidades superiores aos 1,50 m ou diámetros da tubería superiores a 160mm exisiráse estudo particular co orzamento concreto que será aboado polo particular.

Artículo 6º.- Excenciones y bonificaciones.

Non se aplicarán bonificacións, exencións nin reduccións para a determinación da débeda. Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.- Devengo.

A tasa devengaráse cando se firme o contrato que inicie a prestación do servizo pertinente, que non se realizará sen que previamente se efecturara o pago das tasas de alta municipais correspondentes e os importes das facturas de conexión á rede.

Establecido o servizo a tasa devengaráse o un de enero de cada ano e o período impositivo comprenderña o ano natural, salvo os caso de inicio o cese do servizo, nos que a tasa prorratearáse semestralmente.

Artigo 8.- Liquidación e recaudación

1.As tarifas liquidaranse trimestralmente .

2. O periodo voluntario de cobranza será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan ao cobro os recibos, efectuándose o pago polo obrigado.

3. A deuda poderá exisirse polo procedemento administrativo de apremio, segundo o establecido no regulamento xeral de recaudación.

4. O pago da tasa efectuaráse obrigatoriamente mediante domiciliación bancaria dos recibos.

Artigo 9.- Infraccións e sancións.

Nesta materia estaráse ao establecido nos artigos 77 e seguintes da lei xeral tributaria e nas disposicións concordantes, así como na normativa de desenvolvemento .

Artigo 10.- Normas de xestión.

As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo de sumidoiros que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito, na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que exisa o concello.

Unha vez autorizada a prestación do servizo entenderáse prorrogado mentras non se presente a declaración de baixa do interesado.

Cando remate a necesidade do servizo por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da tasa e surtirá efectos ao final do período da súa presentación.

DISPOSICION FINAL.-

A presente Ordenanza fiscal, unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor unha vez de conformidade co artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das facendas locais e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012, continuando vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.

Aranga, a 18 de outubro de 2011

Información adicional