ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DEPORTIVAS

Logo de que se elevou a definitivo o acordo municipal do día 29 de decembro de 2011, aprobando a Ordenanza Fiscal número 15 reguladora do prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas neste concello de Aranga, por non presentarse reclamacións durante o período de información pública, publicase o texto íntegro da citada Ordenanza, de conformidade co establecido no artigo 17.4 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais:

 

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS.

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

De conformidade co establecido no artigo 41 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este concello de Aranga establece o prezo público por actividades deportivas e culturais desenvolvidas polo concello de Aranga.

ARTIGO 2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

Están obrigados ao pagamento do prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades que se beneficien das actividades ás que se refire esta ordenanza.

ARTIGO 3.- CONTÍA.

O importe do prezo público fíxase para cada tipo de actividade:

- Asistencias a escolas deportivas ou culturais, obradoiros, cursos e outras actividades que se desenvolvan nas instalacións municipais:

Horas/semana

Euros/mes

Unha hora

5

Unha hora e media

6,25

Dúas horas

7,5


- Asistencia a escolas deportivas ou culturais, obradoiros, cursos e outras actividades que se desenvolvan en instalacións non municipais:

Horas/semana

Euros/mes

Unha hora

6,25

Unha hora e media

6,25

Dúas horas

10

- Para outras actividades de carácter puntual que organice o concello, o prezo público cubrirá o custo total do curso ou actividade, segundo o estudo de custos presentado polo oportuno departamento, correspondéndolle a Alcaldía a aprobación individualizada do prezo. Non obstante, poderanse establecer prezos que non cubran o custo da actividade cando concorran razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen e sempre que exista consignación orzamentaria para a cobertura dos custos.

ARTIGO 4. NORMAS DE XESTIÓN.

1. Para a participación nas actividades os interesados presentarán a súa solicitude e, unha vez elaborada a listaxe de admitidos, na que terán preferencia os empadroados no concello e as asociacións inscritas no Rexistro Municipal, estes deberán facer efectivo o ingreso correspondente nas entidades bancarias nas que o concello teña conta aberta.

2. A obriga de pagamento nace dende que se inicie a realización das actividades.

3. Cando, por causas non imputables ao obrigado, o servizo ou a actividade non se preste, procederá a devolución do importe correspondente.

4. As débedas derivadas do impago do prezo público poderán ser esixidas pola vía de prema.

ARTIGO 5. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

1. Darán dereito á exención do prezo público as seguintes situacións:

- Casos de emerxencia social, acreditados polos servizos sociais do concello de Aranga, mediante informe social no que se faga constar a dificultade económica para acceder ao servizo.

- Unidades familiares nas que a renda per cápita sexa igual ou inferior ao 25% do IPREM anual (indicador público de renda de efectos múltiples).

- Unidade familiar na que todos os membros adultos se atopen en situación de desemprego.

2. Darán dereito á bonificación do 50% do prezo público:

- As familias numerosas de categoría especial.

- As unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual.

3. Darán dereito á bonificación do 10%:

- As familias numerosas de categoría xeral.

- Os posuidores do Carné Xove emitido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

- Os usuarios cunha discapacidade recoñecida superior ao 33%.

As bonificacións non serán acumulables.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e manterase en vigor en tanto non se proceda á súa modificación ou derogación expresa.

Aranga, 10 de febreiro de 2012

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional