BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA A ADQUISCIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017.-

O pleno municipal, na seisón celebrada o día 30 de xuño de 2016, ven de aprobar as seguintes bases reguladoras das axudas ao alumnado do CEIP A Castellana, para adquisición de material escolar no curso 2016-2017.

Sométese a información pública durante o prazo de trinta días a efectos de reclamacións e suxerencias.

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA A ADQUISCIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017.-

Ler máis:BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA A ADQUISCIÓN DE MATERIAL...

PUBLICADA A modificación da ordenanza municipal reguladora do fomento da natalidade

Logo de elevarse a definitivo o acordo municipal do 29 de febreiro de 2016 de modificación da ordenanza municipal reguladora do fomento da natalidade, por non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición pública, procédese á publicación do texto íntegro da Ordenanza.

Ler máis:PUBLICADA A modificación da ordenanza municipal reguladora do fomento da natalidade

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE

 

Fundamentos da Ordenanza.

A Constitución Española, no seu artigo 39, establece a protección social, económica e xurídica da familia.

Os artigos 25 e seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local establecen a competencia municipal para promover a prestación de servizos sociais, nos termos da lexislación estatal e autonómica, estando por tanto o Municipio amparado para a realización de actividades complementarias en materia de servizos sociais.

O descenso do índice de natalidade é un feito xeralizado nos países desenvolvidos e a Comunidade autónoma de Galicia, e particularmente o Concello de Aranga, non son alleos a este problema, incluso máis acentuado neste municipio. O descenso da natalidade é un dos principais problemas aos que debe facer fronte a nosa sociedade nos vindeiros anos.

Este Concello, a efectos de tratar de reactivar a natalidade, establece esta medida de fomento a efectos de paliar o desembolso económico que supón a incorporación, por nacemento ou adopción, dun novo membro á unidade familiar.

Para esta finalidade o Concello de Aranga ten previsto destinar unha parte dos seus orzamentos a atender estas necesidades, apostando polo futuro do municipio.

Artigo 1º.- Obxecto.

O obxecto da presente Ordenanza é a regulación das condicións e réxime xurídico para a concesión das subvencións para o fomento da natalidade polo Concello de Aranga, co obxecto de fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento.

Concederáselles unha axuda económica de mil euros (1.000,00 €) ás familias do municipio de Aranga nas que se produza un nacemento, adopción ou acollemento preadoptivo, a partir do 1 de xaneiro de 2008, co obxecto de atender directamente os diversos gastos de atención directa ao novo membro familiar de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e presunción de legalidade.

Estas subvencións serán compatibles con calquera outra establecida polas administracións públicas.

Artigo 2º.- Requisitos.

Para poder obter as axudas reguladas nesta ordenanza serán requisitos:

1. Que un dos pais biolóxicos, adoptivos ou acolledores preadoptivos estean empadroados no Concello de Aranga e coa residencia habitual no termo municipal, con doce meses de antelación ao feito que motiva a petición da axuda. Este requisisto será aplicable a calquera dos dous pais, salvo nos seguintes casos nos que se esixirá o requisito respecto do pai que conviva co fillo: nos casos de separación, no que se aportará unha copia da sentenza; nos casos de divorcio nos que se aportará o acordo xudicial; nos casos de pais solteiros nos que se xustificará o estado civil; e no caso de pais separados de feito deberá acreditarse a dita situación.

2. Que a solicitude se formule no prazo de dous meses naturais seguintes ao acontecemento que o motiva, salvo que o feito se producise con anterioridade á publicación desta ordenanza, contándose, neste caso, o prazo de dous meses dende a data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Artigo 3º.- Importe.

A axuda económica de 1.000,00 € farase efectiva dunha soa vez pero queda condicionada ao mantemento da residencia no termo municipal durante o período mínimo de dous anos, contados dende a data do acontecemento. O incumprimento deste requisitos dará lugar á inmediata revogación total do importe concedido e o reintegro correspondente.

Artigo 4º.- Solicitudes.

A solicitude deberá asinala o pai que conviva co fillo e formularanse no modelo oficial que será facilitado nas oficinas municipais, ao que se achegarán os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do DNI o documento que o substitúa, do solicitante.

b) No caso de nacemento, certificado literal da inscrición no Rexistro Civil, ou fotocopia compulsada do libro de familia onde conste o novo nacemento.

c) No caso de adopción, fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción, ou copia compulsada, cando corresponda, da resolución administrativa de acollemento preadoptivo.

d) Copia compulsada da sentenza de separación ou divorcio, cando corresponda.

f) Impreso debidamente cuberto co número de conta bancaria (código conta cliente) designada para percibir, de ser concedida, a dita axuda.

g) Documento acreditativo da residencia no termo municipal.

h) Acreditación de non ter débedas coa facenda local, mediante informe do servizo de recadación da Deputacion Provincial.

A documentación presentarase no rexistro municipal, sen prexuízo do que dispón o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.- Resolución.

A resolución do expediente corresponderalle á Xunta de Goberno Local que terá que adoptar o acordo no prazo de seis meses dende a presentación da solicitude e a documentación completa. Unha vez que transcorra o dito prazo sen recaer resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude.

Artigo 6º.- Recursos.

As resolucións recaídas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.- Reintegro e réxime sancionador.

Procederá a revogación total das axudas e o conseguinte reintegro das cantidades percibidas, nos seguintes casos:

-No caso de falseamento ou ocultación de datos tidos en conta para a concesión da subvención.

-No caso de non reunirse as condicións necesarias para a percepción da subvención.

-No caso de incumprirse a obriga de manterse os solicitantes empadroados e residentes no termo municipal.

A revogación será acordada pola Xunta de Goberno Local, preiva audiencia dos interesados, e levará consigo o reintegro da axuda percibida. A Xunta de Goberno Local será tamén a competente para sancionar as infraccións mediante imposición de multa que poderá alcanzar o doble do importe da axuda otorgada, logo do expediente instruído ao efecto tendo en conta que se consideran infraccións as accións e omisións tipificadas no artigo 52 e seguintes da Lei xeral de subvencións, tramitándose o procedemento conforme ao establecido na dita Lei.

Disposición Final.

A presente ordenanza entrará en vigor a partir do día seguinte a súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia.

Aranga, 1 de xuño de 2009

O alcalde:

Asdo.: Manuel Brañas Abad

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS ACTIVIDADES DE CORTA FORESTAL, DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA

O pleno municipal, na sesión que realizou o día 15 de febreiro de 2012, adoptou o acordo de aprobar definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora das actividades de corta forestal, depósito, cargo e transporte de madeira no concello de Aranga.

Ler máis:ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS ACTIVIDADES DE CORTA FORESTAL, DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE...

APROBACIÓN DE ORDENANZAS

APROBACIÓN DE ORDENANZAS

ANUNCIO

O Pleno Municipal, na sesión que se realizou o día 29 de decembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar, provisionalmente, a imposición e ordenación das seguintes ordenanzas:

Ordenanza nº 14: Reguladora da tasa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais.

Ordenanza nº 15: Reguladora do prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas.

Ler máis:APROBACIÓN DE ORDENANZAS

REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ARANGA.

REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ARANGA. ANEXOS SAF

A obxecto da presente Ordenanza é a regulación polo Concello de Aranga do desenvolvemento do Programa de Axuda no Fogar e as súas prestacións, no marco da lexislación vixente.

Unha vez aprobada a Lei 39/2006 do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (así como a normativa estatal e galega que a desenvolve), e a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar na comunidade autónoma, compre realizar a adaptación da ordenanza municipal aos criterios establecidos na devandita orde.

Ler máis:REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ARANGA.

Información adicional