REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ARANGA.

REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ARANGA. ANEXOS SAF

A obxecto da presente Ordenanza é a regulación polo Concello de Aranga do desenvolvemento do Programa de Axuda no Fogar e as súas prestacións, no marco da lexislación vixente.

Unha vez aprobada a Lei 39/2006 do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (así como a normativa estatal e galega que a desenvolve), e a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar na comunidade autónoma, compre realizar a adaptación da ordenanza municipal aos criterios establecidos na devandita orde.

Artigo 1. Marco xurídico

A prestación do servizo de axuda no fogar, realizaráse por parte do concello de Aranga, de conformidade ao disposto en :

-A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de Bases do réxime local

-A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia

-A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

-O Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de atención primaria.

-A Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

-O Decreto 143/2007 do 12 de xullo polo que se regula o réxime autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.

-A lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia

-O Real Decreto 727/2007 de 8 de xuño sobre criterios para determinar a intensidade de protección, servizos e contía das prestacións .

-A Orde do 17 de decembro de 2007, da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, pola que se establecen os criterios para a elaboración do programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de compatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas no sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Ámbito de actuación

O Servizo de Axuda no Fogar desenvolvese no termo municipal de Aranga, dentro do ámbito das competencias municipais en materia de servizos sociais, sendo a súa sede oficial as dependencias da "Casa do Concello" destinadas ós servizos sociais.

O horario de atención ao público na dita dependencia municipal será de 9:00 ás 13:00 horas, en días laborables de luns a venres.

Artigo 3. Definición do servizo

O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

O servizo de axuda no fogar encadrase nos servizos sociais comunitarios básicos, que constitúen o nivel máis próximo a os/as usuarios/as e ao seu ambiente familiar e social constituíndose como un dos elementos básicos do sistema de servizos sociais.

Garántese, en todo caso, o dereito do/a usuario/a á súa autodeterminación, respectando que poida gobernar e decidir a súa propia vida.

Artigo 4. Obxectivos

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar os seguintes:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social

f) Retardar ou evitar a institucionalización

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social

Artigo 5.-Prestacións que comprende o servizo

1.-Como norma básica, todas as accións desenvolvidas dende o servizo de axuda no fogar terán un caracter excepcional e complementario das capacidades do/a usuario/a e doutras persoas do seu ámbito inmediato.En caso ningún se prestarán atencións que o/a beneficiario/a ou a súa familia e/ou achegados poidan desenvolver por si mesmos, de xeito que se potencie ao máximo a súa autonomía.

2.-De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais que en cada caso correspondan, o servizo de axuda no fogar comprende as seguintes prestacións:

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:

-Asistencia para levantarse e deitarse

-Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

-Control de réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

-Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

-Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.

-Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b) Atencións de caracter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:

-Acompañamento fora do fogar para acudir a consultas ou tratamentos médicos, dentro do término municipal, asumindo os usuarios os gastos de transporte.

-Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes

c))Atención das necesidades de caracter doméstico e da vivenda, tales como:

-Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda

-Compra de alimentos e outros produtos de uso común

-Preparación dos alimentos.

-Lavada e coidado das prendas de vestir.

-Coidados básicos da vivenda

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.

d)Atencións de caracter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesional formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

Con caracter non exhaustivo cítanse as seguintes:

-Soporte a familias con problemas relacionais ou de atención a menores en risco de exclusión.

-Asesoramento e formación de pais

-Apoio na relación co seu ámbito

-Planificación e educación sobre hábitos de hixiene

-Control da alimentación e educación sobre hábitos alimenticios.

Apoio á súa organización doméstica

-Apoio e orientación en cambios de dinámica familiar

-Apoio na administración do presuposto familiar.

-Actividades dirixidas a fomentar a súa participación na comunidade e en actividades de lecer e tempo libre.

-Axuda na adquisición e desenrolo de habilidades, capacidades e hábitos persoais e de convivencia

-Aquelas outras que se valoren tecnicamente como realizables dentro do programa.

e.-Préstamo de material ortopédico, cando a súa dispoñibilidade o permita: camas articuladas, grúas e cadeiras de rodas.

3.-Con caracter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:

a)Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b)Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

c)Adaptacións funcionais do fogar.

d)Servizo de podoloxía

e)Servizo de fisioterapia.

4.-Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fora do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.

5.-En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

-A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo recollidos no art. 12 da orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

-Actuacións que, polo seu caracter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 6.-Persoas destinatarias.

1.-O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia empadroadas no concello para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

2.-Darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, sendo posibles usuarios:

-Persoas que teñen recoñecida a situación de dependencia, en aplicación do establecido na Lei 39/2006, e ás que lle fora recoñecida a dita prestación no seu Programa Individual de Atención, nos termos e coas intensidades previstas no P.I.A.

-Persoas que teñan recoñecida unha prestación económica para seren atendidos por coidadores non profesionais no seu P.I.A., durante os períodos de respiro da persoa coidadora non profesional, nos termos sinalados na circular15/2008 do 5 de xuño, da Secretaría Xeral de Benestar, polo que se ditan instrucións relativa á Orde do 17 de decembro, pola que se establecen os criterios para a elaboración do Programa Individual de Atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de compatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Son potenciais usuarios do servizo de axuda no fogar por libre concorrencia como prestación básica do sistema de servizos sociais:

-Persoas maiores con déficits de autonomía, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato e que con esta axuda podan continuar vivindo no seu fogar.

-Persoas con minusvalidez ou con discapacidade, afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos precisen axuda e que a axuda no fogar lles poida favorece-la súa autonomía.

-Menores ós que haxa que coidar ou atender por ausencia dos pais ou titores ou cando estes, por circunstancias provisionais de enfermidade ou outros motivos suficientemente xustificados, non poidan exerce-las súas funcións axeitadamente, sempre e cando non se deban tomar outras medidas legais en defensa dos dereitos dos menores.

-Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social, ou teñan alto risco de padecelas.

Outras situacións quer a xuízo do/a traballador/a social se estimen como de verdadeira necesidade e xustifiquen a implantación do servizo.

Non poderán ser usuarios/as do servizo:

-As persoas que poidan beneficiarse dun servizo similar por parte dunha entidade(MUFACE, ISFAS,ONCE...)

-As que presentes un estado de deterioro físico e /ou psicolóxico tal que provoque unha valoración técnica de internamento asistido en centro residencial.

4.-Ás adxudicacións do servizo aplicaráselle o límite que necesariamente se desprenda de criterios de dispoñibilidade orzamentaria.

Articulo 7.-Dereitos das persoas usuarias

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con caracter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1.-A seren tratadas con respecto debido á súa dignidade.

2.-A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.

3.-A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

4.-A coñeceren a situación do seu expediente.

5.-Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de caracter persoal.

6.-A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo

7.-A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva

Articulo 8.-Obrigas do persoal e persoas usuarias

Con caracter xeral, establécense tanto para as persoas usuarias como para os distintos profesionais e voluntarios/as implicados no Servizo, as seguintes obrigas:

-Respectar a intimidade da persoa usuaria e gardar a debida confidencialidade

-Comunicar as causas que se poidan producir que dean lugar a modificacións na prestación do servizo.

-Respectar as normas e condicións establecidas para o servizo.

Obrigas especificas das persoas usuarias:

1.-Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios.

2.-Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

3.-A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.

4.-Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

5.-Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación da súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de caracter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.

6.-Participación no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.

7.-A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo.

Obrigas específicas dos/as Auxiliares do Fogar.

a) Non realizar funcións ou tarefas fora das estipuladas no proxecto de intervención, salvo casos de urxente necesidade.

b) Participar nos cursos e nas xuntanzas que, dende o Departamento de Servizos Sociais, se consideren necesarios para mellorar a calidade do servizo ou para un mellor seguimento do mesmo.

Artigo 9.-Dereitos da entidade prestadora

-Acceso á vivenda onde se desenvolva o SAF polos profesionais que interveñen no servizo, co obxecto da evaluación, prestación e seguimento do mesmo.

-Requirir a documentación e información necesaria para o desenvolvemento do servizo

-Realizar as actuacións de comprobación necesarias para o correcto desenvolvemento do servizo.

-Percibir o pagamento que lle corresponde ao usuario pola prestación do servizo.

Artigo 10.-Obrigas da entidade prestadora

-Prestar o servizo de conformidade co Regulamento Municipal.

-Respectar o prezo do servizo estipulado na ordenanza municipal.

-Tratamento dos datos persoais dos usuarios de conformidade coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de caracter persoal.

-Someterse ás inspeccións e ao réxime sancionador vixente en materia de Servizos Sociais

-Dispoñer dun expediente individualizado de cada usuario, cos seus datos sociais e sanitarios.

-Ter a disposición dos usuarios un libro de reclamacións.

-Estar debidamente autorizada de conformidade co establecido no Decreto 143/2007 do 12 de Xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e centros de servizos sociais.

Artigo 11. - Modalidades de acceso ao servizo.

O acceso ao servizo producirase a través dos servizos sociais comunitarios , de

acordo coas seguintes modalidades:

1. O acceso ao servizo será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de

dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa

Individual de Atención, consonte o establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro,

polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e

do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, así como á

Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración

do programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos

servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións

Económicas.

As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.

2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non

lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á

dependencia segundo o calendario de implantación do sistema, o acceso ao servizo,

previa prescrición técnica favorable dos servizos sociais de atención primaria,

resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecido neste regulamento

3. De igual maneira á expresada no apartado anterior procederase nas situacións nas que

a problemática principal estea relacionada con aspectos convivencias e socio-educativos.

4. Nos supostos recollidos nos apartados 2 e 3 deste artigo empregarase o baremo contido no anexo II , no cal, ademais dos posibles déficits de autonomía, se valoren factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a normalización social e a calidade de vida.

5.-Acceso por urxencia sobrevida

A alta deberá producirse nun prazo inferior a 48 horas. A duración non superará os 3 meses salvo prescrición técnica debida e motivada. Transcorrido o prazo ( 3 meses) para manter a alta no servizo, deberá acudir ás condicións requiridas para a libre concorrencia ou acceso directo, segundo o caso.

A súa xustificación estará motivada por:

-Presentarse a necesidade de forma imprevista

-Situacións de alto risco.

-Enfermidade grave(se o beneficiario non ten familiares)

-O falecemento do cónxuxe ou doutra persoa que se estea facendo cargo do beneficiario.

-Outras causas semellantes

Artigo 12.- Organización e funcionamento

1.-O servizo de axuda no fogar prestarase polo concello mediante xestión directa ou indirecta, externalizando o servizo a través dunha entidade privada debidamente autorizada, de conformidade cos modos de xestión previstos no artigo 85 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases do Réxime Local.

O concello poderá establecer acordos con entidades de caracter público, co obxecto de introducir no servizo de axuda no fogar programas especiais co obxecto de atender ás peculiaridades de determinados colectivos de usuarios ou de establecer procedementos máis áxiles ou operativos que os que establece, con caracter xeral, o presente regulamento.

O persoal que pode intervir no servizo de axuda no fogar estará composto por profesionais e , de ser o caso, voluntarios/as. En calquera caso intervirán no dito servizo os/as traballadores/as dos servizos sociais de atención comunitaria e os/as auxiliares de axuda no fogar, tendo o caracter de profesionais.

O mesmo caracter de profesional terán, no seu caso, os traballadores sociais da entidade xestora do servizo.

Aos/ás traballadores/as sociais de atención comunitaria corresponderán as seguintes funcións:

a.-A programación xeral do servizo

b.-A coordinación do mesmo e dos recursos necesarios.

c.-As xestións para o seu finanzamento

d.-A difusión-información do servizo.

e.-A organización da formación e reciclaxe do persoal.

f.-A recepción das demandas.

g.-A avaliación das necesidades

h.-A proposta de concesión/denegación do/s servizo/s, así como a formulación de propostas de ampliación ou redución do/s mesmo/s.

i.-A valoración da idoneidade do persoal

j.-A programación de cada servizo en concreto

k.-A estimulación para a autoaxuda e participación familiar.

l.-A coordinación dos diferentes axentes intervintes.

m.-O estudo das demandas de información e atención dos solicitantes

n.-O estímulo das responsabilidades dos familiares como coidadores primarios e fomento da autoestima dos usuarios.

o.-A asignación e supervisión de tarefas.

p.-A avaliación e seguimento dos casos atendidos

q.-A coordinación do servizo con asociacións, institucións, profesionais e voluntariado.

No caso de que o servizo se preste por xestión indirecta, os apartados "b","e","k","m" e"o" do parágrafo anterior corresponderalles aos/as traballadores sociais da entidade xestora do servizo, sen prexuízo das funcións de control e dirección xeral do servizo que lles corresponderan, en calquera caso, aos órganos competentes , previo informe dos/as seus/súas propios/as técnicos/as.

Aos /ás auxiliares de axuda no fogar corresponderalles as seguintes funcións:

a.-Asistenciais, de atención persoal e doméstica

b.-De orientación/información en actividades da vida cotiá, favorecendo unha normalización no funcionamento do fogar.

c.-Educativas, potenciando o protagonismo do usuario/a, non substituíndoo en aquelas tarefas que poida realizar por si mesmo/a e facilitándolle as canles de comunicación co seu entorno.

d.-De colaboración co/a traballador/a social na coordinación e avaliación do servizo.

No programa de axuda no fogar poderán intervir, a maiores, outros profesionais(educador/a familiar, psicólogo/a sociocultural, persoal sanitario...) os cales intervirán para cada caso cunha programación específica, elaborada ao efecto, e debidamente coordinada polos/as traballadores/as sociais, con mención dos obxectivos, metodoloxía e sistemas de avaliación en equipo.

Tamén poderán tomar parte no servizo os/as voluntarios/as, entendendo por tales aquelas persoas que actúan de forma solidaria, sen expectativas de remuneración económica e dentro do programa de intervención correspondente, complementando de forma coordinada as funcións e as tarefas do persoal anteriormente descrito.Dado o seu caracter de relación interpersoal, de diversidade, flexibilidade de horarios e dispoñibilidade de tempo libre, as tarefas que poderán desempeñar son:

a.-Compaña dentro e fora do domicilio.

b.Realización de xestións fora do domicilio(compra,receitas, xestións simples coa administración...)

c.-Ocupación do tempo libre(xogos, entretemento, reforzo escolar,...).

d.-Fomento de relacións.

e.-Calquera outra que, sendo acordada polo equipo responsable do/s servizo/s, non sexan necesariamente susceptibles de responsabilidade por parte de profesionais.

Aos ditos efectos estarase ao disposto na Lei 3/2000, de 23 de decembro, do voluntariado de Galicia e na Lei13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Artigo 13.- Intensidade na prestación do servizo.

1.-A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de Atención.

2.-A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención(anexo III), de maneira que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, todos os días da semana (incluíndo domingos e festivos).

Cando a persoa usuaria manifeste o desexo de dispoñer de menos horas do mínimo do intervalo que marca a lei para o seu grao e nivel, ou así se acorde entre a persoa usuaria e o seu/súa traballador/a social, deberá facerse constar por escrito e será engadido ao seu expediente.

3.- As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar en libre concorrencia ou por urxencia sobrevenida a temporalidade e a intensidade virá prescrita polos SS SS comunitarios e definida no seu proxecto de intervención(anexo III) .O servizo prestarase, con caracter xeral de luns a venres, cun máximo de dúas horas diarias, no horario comprendido entre as 9:00 e as 15:00 horas.

En calquera caso, en situacións excepcionais, e previo informe social do/a traballador/a social, poderase ampliar tanto os días como as horas e o horario de prestación do servizo.

Artigo 14.-Tramitación das solicitudes

1.-No acceso directo ao servizo para as persoas usuarias con dependencia valorada, a resolución relativa ao programa individualizado de atención, terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ao servizo.

-240Neste suposto so terán que presentar a documentación necesaria e que non estea en poder dos servizos sociais municipais.

2.-No acceso por libre concorrencia o procedemento iniciarase por instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións e do Procedemento Administrativo común.

Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.

Os solicitantes poderán dirixirse ós servizos sociais municipais, onde se lles facilitará o modelo de solicitude normalizada(Anexo1), que xunto coa documentación esixida se presentará no Rexistro Xeral do Concello, asinada polo representante do servizo ou pola persoa que o represente.

Así mesmo, o traballado/a social proporcionará información personalizada, gratuíta e confidencial relacionada coa demanda do servizo e as súas condicións e, no caso de necesidade, ofrecerá apoio para que tanto a solicitude como a documentación a presentar se realice de forma adecuada.

3.-A documentación a achegar coa solicitude é a seguinte:

-Fotocopia do DNI do solicitante ou calquera outro documento oficial acreditativo da súa identificación. No caso de que a persoa solicitante actúe a través de representante deberá presentar: copia compulsada da sentencia de incapacitación legal e nomeamento de titor/representante legal; se é o caso, fotocopia compulsada do DNI/NIE/pasaporte da persoa que teña dita representación.

-Fotocopia compulsada do libro de familia, no caso de menores de idade.

-Fotocopia da tarxeta sanitaria

-Informes das condicións de saúde, facendo mención das medidas preventivas a ter en conta, de ser o caso.

-De ser o caso, certificado/s de minusvalía emitido polo EVO ou resolución do grao e nivel de dependencia, e ou do PIA

-Xustificante dos ingresos da unidade familiar, entendendo por tal, o solicitante, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes, e fillos menores de 25 anos ou maiores deste idade con discapacidade, que dependan economicamente do solicitante:

-Certificado de todos os ingresos procedentes de pensións.

-Fotocopia da última declaración da renda e patrimonio, en caso de ter obrigación de facela.Senón certificado negativo de facenda ou declaración xurada polo solicitante e demais membros da unidade familiar conforme non está obrigado.

-Xustificantes dos rendementos mobiliarios e inmobiliarios do último ano, se é o caso.

-Certificado do INEM acreditativa de estar en situación de desemprego e de percepción ou non, de prestacións de ser o caso.

-Xustificante das percepcións doutras prestacións sociais, de ser o caso

-Certificado/s de bens inmobles da súa titularidade(rústica e urbana, de tódolos membros da unidade familiar de convivencia xunto cos últimos recibos pagados.

-De ser o caso, contrato de aluguer da vivenda ou xustificante do préstamo hipotecario, e último recibo vencido.

-Declaración responsable de non ter dereito a recibir un servizo similar doutra entidade(once, muface, isfas...) ou de ser o caso, documento que acredite a denegación do mesmo.

-Autorización do/a solicitante para a domiciliación bancaria do cobro da taxa que se estableza na ordenanza aprobada ao efecto, de ser o caso.

-Outros que lle poidan ser requiridos coa finalidade de acreditar a súa situación de saúde, familiar, social e económica.

4.-O persoal da unidade técnica de Servizos Sociais recabará de oficio, por si mesma, a través doutros departamentos municipais ou extramunicipais información relativa ó cumprimento dos requisitos de empadroamento

5.-Respecto das solicitudes con documentación incompleta formuladas por persoas que cumpran todos os requisitos para solicitar o servizo, os solicitantes serán requiridos para que, no prazo máximo de 10 días hábiles subsanen tales deficiencias, co apercibimento de que se non o fixeran, o expediente será arquivado sen más trámite. So en casos extraordinarios que requiran unha intervención urxente, especificamente valorados como tales no informe social realizado polos servizos sociais, poderá tramitarse e resolverse unha solicitude na que falte algún dos documentos a emitir polas Administracións Públicas, co compromiso expreso de aportalo no prazo máis breve posible.

6.-Desde os servizos sociais municipais, o traballador social trala visita efectuada ao domicilio do solicitante do servizo, elaborará un informe social con caracter de ditame técnico, no que se considerarán as circunstancias de necesidade ás que se refire o presente regulamento, así como a aplicación do baremo(ANEXO II) contido no mesmo e a elaboración do proxecto de intervención(ANEXO III)

O prazo para emitir o citado informe será de trinta días hábiles a contar desde o seguinte ao da presentación de toda a documentación.

No dito informe, en función do cumprimento ou non dos requisitos e da dispoñibilidade ou non de prazas vacantes, deberá propoñerse a conveniencia ou non da alta no servizo, ou ben da incorporación á lista de espera, ocupando o posto en función da puntuación obtida. Así mesmo recollerá:

-Valoración da situación persoal, socio-económica e familiar.

-Puntuación obtida tras a aplicación do baremo

-Proposta de resolución, que no caso de ser favorable á demanda, deberá incluír o plan de coidados e a achega económica do usuario.

-Causas de denegación, de ser o caso.

-Número de orde na lista de espera, de ser o caso, con explicación da dita proposta.

-Cantos outros extremos estime convenientes.

Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo. Uns e outros teranse en conta polo órgano competente ao redactar a correspondente proposta de resolución.

7.-A alcaldía ou concelleiro delegado á vista das solicitudes e da valoración técnica emitida, resolverá cada unha delas. A resolución deberá producirse no prazo máximo de tres meses dende a data de entrada da solicitude no Rexistro Municipal, o dito prazo suspenderase cando se requira a subsanación das solicitudes polo tempo que medie entre a notificación e o seu cumprimento ou, no seu defecto, o transcurso do prazo concedido e no resto dos supostos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que resulten de aplicación.

Transcorrido o prazo previsto no apartado anterior sen que se adoptara resolución expresa e sen prexuízo da obriga de resolver, poderase entender desestimada a solicitude a efectos de permitir ao interesado a interposición do recurso potestativo de reposición ou contencioso administrativo.

En caso de resolución positiva, a mesma terá a consideración de orde de alta no servizo, será necesaria a sinatura de acordo de servizo(ANEXO IV) entre o usuario e a entidade prestadora. Se non existira dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrar a lista de espera cunha orde de prioridade que virá determinada pola puntuación que obtivera na aplicación do baremo elaborado para a concesión do servizo.

A dita resolución notificarase aos/ás interesados/as, cos requisitos e nos termos sinalados polos artigos 58 e 59 da lei 30/1992, de 26 de novembro. No caso de existir entidade xestora allea ao concello notificaráselle tamén a resolución, caso de ser favorable á inclusión no servizo.

O/a Usuario/a asinará o documento de domiciliación bancaria para que lle sexa efectuado o cobro do servizo prestado, caso de desexalo.

A alta no servizo deberá realizarse nun prazo máximo de quince días contados dende a notificación da resolución de alta. No caso de que, por causas imputables ao solicitante, non se poida producir a mesma no prazo indicado teráselle desistido da súa petición.

O concello terá coñecemento en todo momento da xestión do servizo, ben a través dos/as traballadores/as sociais propios, que en todo caso farán o seguimento do mesmo, ben a través da información subministrada polos/as traballadores/as sociais da empresa xestora e a supervisión que desta fagan os/as técnicos/as municipais.

O contido da prestación, así como o tempo asignado, poderá ser modificado en función das variacións nas circunstancias que deron lugar á concesión inicial, así como pola dispoñibilidade de medios do servizo, mediante o procedemento descrito anteriormente.

Artigo 15.-Coordinación e seguimento

O programa de axuda no fogar esixe unha coordinación permanente a tres niveis:

-Interna co persoal técnico de SSSS comunitarios

-Externa coa entidade ou entidades prestatarias para o inicio, seguimento e avaliación da prestación

-Con outros axentes que interveñan no servizo.

O servizo de axuda a domicilio concedido a casa usuario/a será obxecto de seguimento periódico para valorar:

1.-A consecución dos obxectivos programados

2.-A adecuación do tempo e intensidade da axuda

3.-A satisfacción da persoa beneficiaria

Unha vez iniciado o servizo, levarase acabo o seguimento polo equipo técnico ou profesionais do SAF, que poderán recadar información complementaria da persoa usuaria, do persoal auxiliar de Axuda a domicilio e/ou a través do persoal coordinador das entidades prestadoras, que se reflectirá no expediente correspondente.

A persoa que exerza como responsable técnica garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizado sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso,o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención(ANEXO III) e no acordo de servizo(IV).Da supervisión quedará constancia no correspondente expediente individual.

As solicitudes que no seu caso se atopen en lista de agarda, de igual modo serán periodicamente revisadas coa finalidade de que as mesmas estean permanentemente actualizadas.

Artigo 16.-Extensión da prestación para os usuarios de libre concorrencia, prestación básica de axuda no fogar.

A extensión da prestación do servizo de axuda no fogar virá condicionada pola limitación dos créditos orzamentarios dispoñibles.

Cando non sexa posible a atención de todas as solicitudes establecerase unha lista de espera, sendo incorporados á prestación por rigorosa orde de puntuación a medida que se produzan baixas entre os beneficiarios.

A extensión en canto ao contido e tempo da prestación determinarase polo grao de necesidade do solicitante.

Artigo 17.-Normas

A prestación do servizo de axuda no fogar regularase polas seguintes normas, que deberán respectar tanto o beneficiario/a e as persoas do seu entorno coma os profesionais ou voluntarios que interveñan no mesmo:

-O/a auxiliar non traballará no domicilio en ausencia do/a usuario/a. Isto será de aplicación tamén no caso dos/as voluntarios/as.

-A actuación do/a traballador/a de axuda no fogar e, de ser o caso, dos voluntarios, axustarase estritamente ao proxecto tecnicamente establecido.A relación será directa co concello e non co usuario/a.

-Calquera queixa ou suxestión que os prestadores do servizo reciban do usuario deberán poñela en coñecemento do/a técnico/a responsable.

-Cando por calquera circunstancia fose necesaria realizar un cambio no horario ou unha substitución poderá realizarse sen intervención ningunha do usuario, estando vixente igualmente o contrato.

-A atención establecida non pode interferir ou limitar o dereito do/a beneficiario/a á súa intimidade. En consecuencia, o/a traballador/a familiar non poderá acompañarse de ningunha persoa allea ao servizo cando acceda ao seu traballo, e gardará en todo momento o respecto e sixilo profesional sobre os casos asignados; así mesmo, o/a usuario/a deberá gardar o debido respecto ao/á traballador/a, non inmiscíndose na súa intimidade.

-Serán de conta do/a usuario/a todos os gastos de productos de limpeza, comida, aseo...,podendo valorarse, non obstante, a xestión dunha axuda económica por tales conceptos en casos especiais, axuda que se levará a cabo a través doutros programas sociais xestionados polo concello(emerxencia social ou outros), non tendo en caso ningún a consideración de prestación do servizo de axuda no fogar.

Ao/á traballado/a familiar non lle está permitido recibir en custodia diñeiro, xoias nin obxecto ningún. Así mesmo deberá rexeitar calquera doazón(ben sexa en diñeiro ben calquera outra)efectuada polo/a usuario/a ou persoa achegada.

-O/a traballador/a familiar non dará o seu teléfono o usuario.

-O traballador/a familiar non dispoñerá das chaves de ningún domicilio, excepto cando as condicións do caso así o esixan e sempre co consentimento do responsable técnico directo do servizo e, por suposto, a demanda do usuario, autorizándoo por escrito.

-Os usuarios/as absteranse en todo momento de facer comentario algún acerca da vida persoal ou modo de actuar da traballadora(ou familia), podendo ser este motivo suficiente para causarlle a baixa inmediata no servizo.

Cando suceda unha situación deste tipo que derive nunha desacreditación do/a traballador/a familiar a persoa responsable do servizo comunicaralle a baixa persoalmente.

-Queda a criterio do persoal técnico do Servizo de axuda no Fogar o reforzar con persoal de apoio(outro/a traballador/a máis, voluntariado, etc.) ao traballador/ra familiar asignado/a para o caso nese momento.

-Cando o usuario/a non se atope no domicilio no horario fixado para a súa atención, o/a traballador/a familiar non ten obriga de permanecer á espera.

-Cando un usuario/a queira modificar algún aspecto do seu contrato deberá acudir ao/á responsable do Servizo de Axuda no Fogar a efectos de formulación dun novo.

-Cada usuario/a estará obrigado/a ao pago da tarifa que se fixe, que deberá aboar mensual, bimensual ou trimestralmente, para elo poderá asinar a autorización bancaria no modelo que se lle proporcione.Dita tarifa calcularase en función dos ingresos económicos familiares.

-As tarifas sufrirán unha revisión anual estando obrigado o/a usuario/a a actualizar a documentación pertinente nos meses de xaneiro-febreiro.

-Como norma xeral se liquidará por horas concedidas e firmadas en contrato,a excepción:

*De un ingreso hospitalario

*Traslado a outro domicilio que non sexa o habitual, con un familiar ou outro por períodos superiores a unha semana e inferiores a dous meses, previa comunicación.

-Se con anterioridade ao 15 de xuño se comunica por escrito o desexo de suspensión do servizo durante o período de vacacións(xullo, agosto ou ambos meses) reservaráselle a praza ata o 1 de setembro, sen custo ningún.

-Os servizos prestaranse unicamente no domicilio.

Artigo 18.- Causas de extinción e modificación do SAF

1.-Serán causas de extinción do servizo:

-A renuncia do/a usuario/a

-O seu ingreso definitivo nun centro residencial,

-O traslado de residencia a outro concello.

A baixa no Padrón de habitantes do concello

-O falecemento.

-A desaparición das causas que motivaron a concesión do servizo.

-As necesidades do servizo en relación á atención de casos que, a xuízo do/as traballadores/as sociais, sexa prioritaria a súa atención, por limitacións financeiras do servizo.

-O incumprimento das condicións establecidas no contrato de prestación do servizo ou no presente regulamento, tales como trato inaxeitado do/a usuario/a ou dos seus familiares ou achegados cara ó/á auxiliar ou a imposición de tarefas que non lle correspondan.

-O non pagamento das cotas durante tres meses consecutivos ou alternos nun ano.

-A falla de colaboración do/a usuario/a ou da súa familia e/ou achegados para poder levar a bo termo as tarefas propostas.

-O deterioro psicofísico que faga recomendar o seu ingreso nun centro para unha correcta atención persoal.

-A ausencia xustificada e comunicada do/a beneficiario/a por un período superior a dous meses.

-A ausencia non xustificada e/ou non comunicada superior a cinco días ou ausencias non comunicadas e reiteradas dun día.

-Polo remate do tempo de concesión estipulado no contrato.

-Pola ocultación e/ou falseamento dos datos, por parte do usuario/a ou dos seus familiares.

-Porque o concello deixe de prestar o servizo.

O procedemento para a extinción do servizo poderase iniciar de oficio debendo elaborarse polo traballador/a social informe no que se indiquen claramente as causas da dita extinción .

O alcalde-presidente do concello resolverá sobre a extinción ou non do servizo.

A dita resolución notificarase aos/ás interesados/as, cos requisitos e nos termos sinalados polos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.No caso de existir entidade xestora allea ao concello notificaráselle tamén a resolución, caso de ser favorable á extinción do servizo.

2.-Ademais, con caracter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente.

3.-Cando se trate dun servizo axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do programa Individual de Atención, consorte o establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, a incoación, por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións da prestación do servizo deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.

Artigo 19.Causas de baixa temporal para os usuarios de libre concorrencia.

Serán causas de baixa temporal:

-A estancia temporal no domicilio de familiares e/ou achegados que poidan realizar o obxecto do servizo.

-A ausencia do fogar por parte do/a beneficiario/a durante un período non superior a dous meses por causas forzosas.

-Cando por necesidade do servizo fose preciso ampliar o número de usuarios/as e se consideren prioritarios outros casos en función da situación persoal, sanitaria e/ou económica, poderase proceder á modificación parcial ou á suspensión temporal.

Artigo 20.-Baremo de puntuación

O baremo de puntuación que se indica no anexo II servirá para a valoración dos casos e a súa admisión ou non no servizo e/ou a inclusión na lista de espera. O dito baremo non será de aplicación aos/ás usuarios/as que accedan ao servizo como consecuencia da aplicación por órgano competente do Programa Individual de Atención, en aplicación do establecido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da autonomía persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, os/as cales accederán ao servizo directamente, nos termos recoñecidos no dito PIA, sempre e cando existan dispoñibilidades orzamentarias para elo.

Artigo 21.-Protocolo de substitución da persoa auxiliar e de cesación do servizo

Cando o/a auxiliar do servizo non poida prestalo por determinadas razóns(coma baixa por enfermidade, motivos persoais, ou outras) intentarase cubrir a súa ausencia: ou ben cun/ha traballador/ra cualificado/a contratado/a para atende-lo servizo con caracter temporal, ou con outro/a auxiliar que xa estea traballando. O/a traballador/a social poderá decidir que durante ese período de tempo, o servizo se preste noutro horario diferente ou quede sen cubrir.

Realizarase un preaviso ao usuario ao que se lle presta o servizo cunha antelación de 72 horas, salvo caso de indisposición imprevista que será comunicado á maior brevidade posible con indicación da cauda do cambio ou substitución e duración previsible deste.

Nos casos de substitución da auxiliar e a que se asigne non acudira nunca a dito domicilio se realizará visita e presentación por parte do/a traballador/a social.

Tan pronto sexa posible, contarase cunha bolsa de traballo para o que se aprobarán as bases que rexerán a convocatoria e elaboración dunha lista para provisión de postos de traballo como auxiliar de axuda no fogar no Concello de Aranga co obxecto de regular a convocatoria e elaboración das citadas listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con caracter temporal (supostos de baixa laboral, vacacións...)

No suposto de cesación do servizo por parte da empresa, comunicarase cun preaviso de 30 días, neste caso a entidade que pretende cesar continuará na prestación dos servizos ata aprobación do cambio de empresa pola entidade local.

Artigo 22-Protocolo de actuación no caso de actuación de queixa no libro de reclamacións

O libro de reclamacións estará a disposición dos usuarios nas dependencias da "Casa do Concello" destinadas aos Servizos Sociais.

Presentada a reclamación, entregaráselle unha copia ao usuario, outra para a entidade prestadora e outra remitirase ao Servizo de Inspección correspondente da Xunta de Galicia.

A avaliación da reclamación realizaraa o responsable superior da entidade prestadora, previas as actuacións e informes que estime procedentes.

De considerarse procedente, analizarase a necesidade de tomar medidas que solucionen o problema ao reclamante.

De non considerarse procedente, informarase ao reclamante da improcedencia, debidamente motivada.

En ambos os dous supostos, o órgano competente para resolver dará traslado da resolución que recaia ao reclamante e ao Servizo de Inspección correspondente da Xunta de Galicia.

Normativa subsidiaria

Para todo o non previsto na presente Ordenanza, aplicarase o establecido na orde do 22 de xaneiro de 2009(DOG nº.22, 2 de febreiro de 2009).

Disposicións adicionais

Facúltase aos servizos Sociais municipais, previo informe ao concelleiro delegado e/ou Alcaldía para resolver aquelas cuestións que relacionadas co SAF poidan presentarse, e non estean recollidas expresamente no presente Regulamento.

Disposición derrogatoria

O presente regulamento derroga a ordenanza reguladora del servizo de axuda a domicilio y complementarios, aprobada por acordo municipal el 30 de xuño de 1998 e publicada no BOP nº.208, de 10 de setembro de 1998.

Disposición final

O presente regulamento surtirá efectos a partir da alta da súa publicación integra no BOP e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación.

INDICE DE ANEXOS

I.-SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

II.-BAREMO PARA DETERMINAR A SIGNACIÓN DO SAF EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA

III.-PROXECTO DE INTERVENCIÓN

IV.-ACORDO DE SERVIZO

V.-RENUNCIA Á SOLICITUDE

VI.-RENUNCIA AO SERVIZO

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE LA EXPEDICIÓN DE TARJETAS DE ESTACIONAMIENTO PARA PERSONAS MINUSVÁLIDAS, DE CONFORMIDAD CON LO ESTABLECIDO EN LA LEY 8/1997 DE 20 DE AGOSTO, DE ACCESIBILIDAD Y SUPRESIÓN DE BARRERAS EN LA COMUNIDAD AUTÓNOMA GALLEGA.-

ARTÍCULO 1º.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.

La presente Ordenanza se dicta en virtud de las facultades concedidas a los Ayuntamientos, en la Ley 8/1997 de 20 de agosto sobre accesibilidad y supresión de barreras en la Comunidad Autónoma Gallega, en relación con el artículo 27 de la citada Ley.

ARTÍCULO 2º.- OBJETO.

El objeto de la presente Ordenanza es establecer los requisitos y el procedimiento para el otorgamiento de las tarjetas de estacionamiento para personas con minusvalía, para que su titular pueda disfrutar de las facilidades de estacionamiento en toda la Comunidad Autónoma, de conformidad con lo previsto en el artículo 27 de la Ley 8/1997.

ARTÍCULO 3º.- TARJETAS DE ESTACIONAMIENTO.

1.La tarjeta de estacionamiento que se regula en la presente Ordenanza, es personal e intransferible y da derecho a su titular, a utilizar las correspondientes plazas de aparcamiento destinadas para uso exclusivo de las personas con minusvalías, situadas en cualquier villa o ciudad dentro de la Comunidad Autónoma Gallega.

2.Las tarjetas de estacionamiento se ajustarán a la estructura y características recogidas en el anexo de la Ley 8/1997 de 20 de agosto.

3. Cuando se utilice la tarjeta deberá colocarse en la parte delantera del vehículo, de manera que únicamente el anverso de la tarjeta sea claramente visible para su control.

ARTÍCULO 4º.- TITULARES DE LAS TARJETAS.

1. Tienen derecho a que se les expida tarjeta de estacionamiento todas aquellas personas que , estando empadronadas en el municipio, presenten algún tipo de minusvalía que afecte al aparato locomotor ( extremidades inferiores), únicamente.

2. También podrán acceder a esta tarjeta aquellas personas que por razón de una enfermedad o accidente tengan reducida su motrocidad y se vean obligadas a usar de manera provisional silla de ruedas o cualquier otro tipo de ayuda técnica para minusválidos, extremo que deberá acreditar mediante un informe médico que indique su dolencia, causas y pronóstico de su evolución.

3. En el supuesto de que el minusválido sea conductor , en el vehículo figurarán las adaptaciones técnicas que se especifiquen en el permiso de conducir.

4.Las personas minusválidas que por razón de edad o grave incapacidad no sean conductores habituales de vehículos, podrán solicitar la tarjeta de estacionamiento, siendo transportados por terceras personas debiendo estas contar con el correspondiente permiso de conducir y solo podrán hacer uso de la tarjeta cuando transporten al minusválido.

ARTÍCULO 5º.- SOLICITUD DE TARJETAS.

1. La solicitud para la obtención de las tarjetas de aparcamiento se formulará en impreso formalizado, según modelo que figura en anexo a esta Ordenanza, el cual se podrá adquirir en el Departamento de Servicios Sociales de este Ayuntamiento.

2. Junto a la solicitud se presentará la siguiente documentación:

a) Carnet de conducir.

b) D.N.I.

c) Certificado de minusvalía expedido por los equipos de valoración de la Xunta de Galicia, en el que conste la imposibilidad de utilizar transporte público.

d) Para todos los solicitantes previstos en el artículo 4º.2 de la presente Ordenanza, se solicitará un informe médico oficial que acredite la necesidad de usar silla de ruedas.

e) Dos fotografías tamaño carnet.

ARTÍCULO 6º.- PROCEDIMIENTO PARA SU OTORGAMIENTO.

1. Presentada la solicitud en el Registro General del Ayuntamiento, el procedimiento se impulsará de oficio en todos sus trámites, remitiéndose al Departamento de Servicios Sociales, para la emisión del informe - propuesta correspondiente. Los criterios para determinar la dificultad de movilidad se valorarán según informe emitido por el Equipo de Valoración.

2. Posteriormente, el informe se elevará a la Alcaldía, para que dicte la oportuna Resolución , concediendo o denegando la tarjeta solicitada.

3. La Resolución será notificada al interesado, de acuerdo con el procedimiento establecido en la Ley 30/1992 de 26 de noviembre, del Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y Procedimiento Administrativo Común.

ARTÍCULO 7º.- COMPETENCIA PARA SU OTORGAMIENTO.

La competencia para otorgar las tarjetas de estacionamiento corresponde al Alcalde que podrá delegar en la Comisión de Gobierno.

ARTÍCULO 8º.- DURACIÓN Y CADUCIDAD DE LAS TARJETAS.

1. Las tarjetas tendrán una validez de dos años para todas aquellas personas

con minusvalía, excepto en los casos en que el certificado de minusvalía indique plazos de revisión previos.

2. Para aquellas personas a las que se refiere el artículo 4º.2 de la presente Ordenanza la validez de las tarjetas vendrá determinada por el pronóstico de recuperación estimado por el facultativo que expida el certificado médico correspondiente.

3. Un mes antes de que caduque la tarjeta, el titular deberá solicitar una nueva , teniendo la obligación de entregar la anterior en el momento de recibir la actualizada.

4. El Ayuntamiento podrá requerir la documentación que estime oportuno para la expedición de la tarjeta y controlar que las condiciones que dieron origen a la expedición de la tarjeta continúan vigentes, por lo que se podrá requerir a los solicitantes, en cualquier momento, para que aporten las pruebas actualizadas de dichas condiciones.

5. Cualquier variación de las condiciones que dieron origen a la expedición de la tarjeta deberá ser comunicada a los Servicios Sociales Municipales, en el plazo máximo e improrrogable de un mes. De no ser así, el Ayuntamiento podrá anular la vigencia de la tarjeta.

ARTÍCULO 9º.- INFRACCIONES Y SANCIONES.-

Las acciones u omisiones contrarias a esta Ordenanza , tendrán el carácter de infracciones administrativas y serán sancionadas en los casos, forma y medidas que se establecen en los artículos 36 a 43 de la Ley 8/1997 de 20 de agosto.

ARTÍCULO 10º.- RECURSOS.

Contra las Resoluciones de la Alcaldía, sobre concesión o denegación de las tarjetas solicitadas, podrá interponerse recurso de reposición potestativo y/o recurso contencioso - administrativo , de conformidad con lo establecido en la Ley 30/1992 de 26 de noviembre, del Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.-

En todo lo no previsto en la presente Ordenanza, se estará a lo dispuesto en la Ley 8/1997 de 20 de agosto de accesibilidad y supresión de barreras en la Comunidad Autónoma de Galicia.

DISPOSICIÓN FINAL.-

La presente Ordenanza entrará en vigor, una vez aprobada definitivamente por el Ayuntamiento y publicado el texto íntegro en el Boletín Oficial de la Provincia, una vez transcurrido el plazo a que se refiere el artículo 65.2 de la Ley 7/1985 de dos de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local.

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE.-

Fundamentos da Ordenanza.

A Constitución Española, no seu artigo 39, establece a protección social, económica e xurídica da familia.

Os artigos 25 e seguintes da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases do réximen local establecen a competencia municipal para promover a prestación de servizos sociais, nos termos da lexislación estatal e autonómica, estando por tanto o Municipio amparado para a realización de actividades complementarias en materia de servizos sociais.

O descenso do índice de natalidade é un feito xeralizado nos países desenvolvidos e a Comunidade autónoma de Galicia e particularmente o Concello de Aranga no son alleos a este problema, incluos máis acentuado neste municipio. O descenso da natalidade e un dos principais problemas aos que defe facer fronte a nosa sociedade nos vindeiros anos.

Este Concello, a efectos de tratar de reactivar a natalidade, establece esta medida de fomento a efectos de paliar o desenvolso económico que supón a incorporación, por nacimento ou adopción, dun novo membro á unidade familiar.

Para esta finaliade o Concello de Aranga ten previsto destinar unha parte dos seus orzamentos a atender estas necesidades, apostando polo futuro do municipio.

Artigo 1º.- Obxecto.

O obxecto da presente Ordenanza e a regulación das condicións e réxime xurídico para a concesión das subvencións para o fomento da natalidade polo Concello de Aranga, co obxecto de fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento.

Concederánse unha axuda económica de mil euros ( 1.000,00 €) ás famililas do municipio de Aranga nas que se produza un nacemento, adopción o acollemento preadoptivo a partir do 1 de xaneiro de 2008 co obxecto de atender directamente os diversos gastos de atención directa ao novo membro familiar de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e presunción de legalidade.

Estas subvenció serán compatibles con calquera outra establecida polas administracións públicas .

Artigo 2º. Requisitos.

Para poder obter as axudas reguladas nesta ordenanza, serán requisitos:

1.Que o fillo e un dos pais biolóxicos, adoptivos ou acolledores preadoptivos esten empadroados no Concello de Aranga e coa residencia habitual no termo municipal, con doce

meses de antelación ao feito que motiva a petición de axuda. Este requisisto será aplicable a calquera dos dous pais, salvo nos seguintes casos nos que se exisirá o requisito respecto do pai que conviva co fillo:nos casos de separación, no que se aportará copia da sentenza; nos casos de divorcio nos que se aportará o acordo xudicial; nos casos de pais solteiros nos que se xustificará o estado civil; e no caso de pais separados de feito deberá acreditarse dita situación.

2. Que a solicitude se formule no prazo de dous meses naturais seguintes ao acontecemento que o motiva, salvo que o feito se producise con anterioridade á publicación

desta ordenanza, contandose , neste caso, o prazo de dous meses dende a fecha da publicación da mesma no Boletín oficial da provincia.

Artigo 3º. Importe.

A axuda económica de 1.000,00 € faráse efectiva dunha soa vez pero queda condicionada ao mantemento da residencia no termo municipal durante o período mínimo de dous anos, contados dende a data do acontecimeento. O incumprimento deste requisitos dará lugar á inmediata revogación total do importe concedido eo reintegro correspodiente.

Artigo 4º. Solicitudes.

A solicitude deberá asinala o pai que conviva co fillo e se formularán no modelo oficial que será facilitado nas oficinas municipais, ao que se achegarán os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do DNI o documento que o substitúa , do solicitante.

b) No caso de nacemento, certificado literal da inscrición no Rexistro Civil, ou fotocopia compulsada do libro de familia onde conste o novo nacemento.

c) No caso de adopción, fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción, ou copia compulsada, cando corresponda, da resolución administrativa de acollemento preadoptivo.

d) Copia compulsada da sentenza de separación ou divorcio, cando corresponda.

f) Impreso debidamente cuberto co número de conta bancaria (código conta cliente) designada para percibir, de ser concedida, a dita axuda.

g)Documento acreditativo da residencia no termo municipal.

h)Acreditación de non ter débedas coa facenda local, mediante informe do servizo de recaudación da Deputacion Provincial.

A documentación presentaráse no rexistro municipal, sen perxuicio do que dispón o artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.-Resolución.

A resolución do expediente corresponderálle á Xunta do goberno local que terá que adoptar o acordo no prazo de seis meses dende a presentación da solicitude e a documentación completa. Transcurrido dito prazo sen recaer resolución expresa, entenderáse desestimada a solicitude.

Artigo 6º.- Recursos.

As resolucións recaídas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra as mesmas poderáse interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a xurisdicción

contencioso-administrativa de conformidade coa Lei 29/1988 de 13 de xullo reguladora de dita xurisdicción sen perxuicio da interposición do recurso potestativo de reposición de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992 de 26 de noviembro reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.- Reintegro e réxime sancionador.

Procederá a revogación total das axudas e o conseguinte reintegro das cantidades percibidas, nos seguintes casos:

-No caso de falseamento ou ocultación de datos tidos en conta para a concesión da subvención.

-No caso de non reunirse as condicións necesarias para a percepción da subvención.

-No caso de incumprirse a obriga de manterse os solicitantes e os fillos que motivaron a solicitude de axuda , empadroados e residentes no termo municipal durante o prazo de dous anos.

A revogación será acordada pola Xunta de goberno local, preiva audiencia dos interesados, e levará consigo o reintegro da axuda percibida.A xunta do goberno local será tambén a competente para sancionar as infraccións mediante imposición de multa que poderá alcanzar o doble do importe da axuda otorgada, previo expediente instruido ao efecto tendo en conta que se consideran infraccións as accións e omisións tipificadas no artigo 52 e seguintes da Lei xeral de subvencións , tramitándose o procedemento conforme ao establecido na dita lei.

Disposición Final.

A presente ordenanza entrará en vigor a partir do día seguinte a súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia.

 

Información adicional