BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA A ADQUISCIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017.-

O pleno municipal, na seisón celebrada o día 30 de xuño de 2016, ven de aprobar as seguintes bases reguladoras das axudas ao alumnado do CEIP A Castellana, para adquisición de material escolar no curso 2016-2017.

Sométese a información pública durante o prazo de trinta días a efectos de reclamacións e suxerencias.

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CEIP A CASTELLANA PARA A ADQUISCIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017.-

Primeira.-Obxecto e finalidade das bases

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento para a concesión de axudas para o cofinanciamento da adquisición do material escolar para as familias do concello de Aranga con nenos/as cursando estudos de educación infantil e primaria no centro público sito no termo municipal.

A finalidade destas axudas é a de conseguir a correcta escolarización dos nenos pertecentes a familias empadroadas neste concello de Aranga, promovendo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar ás familiar para facer fronte aos gastos de escolarización dos seus fillos nos cursos de Educación infantil e primaria no CEIP da Castellana.

Segunda: Dotación orzamentaria.

A dotación orzamentaria para a concesión de subvencións para adquisición de material escolar, figura na partida orzamentaria 2016.0.231.00.48002, dotada cun crédito de 3.000,00 €.

Terceiro: Destinatarios das axudas

Poderán solicitarse estas axudas destinadas a adquisición de material escolar para o alumnado do CEIP da Castellana , cando se cumpran os seguintes requisitos:

a) Polo menos un dos pais/titor legal e máis o fillo/a para o que se destinará a axuda deberán estar empadroados no Concello de Aranga cun mínimo de 6 meses de antigüidade, agás os supostos excepcionais previamente acreditados pola educadora familiar.

B) Que o solicitante empadroado teña a garda e custodia do menor.

c) Que o menor estea matriculado nalgún curso de educación infantil ou primaria do centro de ensinanza pública do Concello de Aranga.

d) Estar ao corrente no pagamento dos tributos municipais.

Cuarto : Contía das axudas

As axudas cubrirán, por un importe máximo de 50 € (por alumno/a e curso) necesidades nas áreas de instrución ou educación. No concepto de material escolar inclúese o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das diferentes obrigas establecidas polo colexio así como das técnicas de aprendizaxe utilizadas (mandilón, chándal, material informático, etc).

Quinto : Procedemento de solicitude

1. Os solicitantes presentarán unha solicitude por cada unidade familiar, no modelo oficial que se xunta como anexo e que se facilitará nas oficinas municipais.

2. A presentación da solicitude implicará a autorización ao Concello para a comprobación dos datos declarados nela e a aceptación das condicións das bases.

3. O modelo de solicitude deberá ir acompañado polos seguintes documentos (orixinais ou copias compulsadas):

- DNI do solicitante (pai/nai ou titor/a legal da unidade familiar).

- Libro de familia, certificación literal de nacemento ou calquera outro documento público que garantice a cualidade de titular da patria potestade.

-Acreditar que se dispon da garda e custodica do menor.

- Volante de empadroamento da unidade familiar onde conste que o/a solicitante e máis o/a fillo/a para o que se destinará a axuda levan máis de 6 meses empadroados no Concello de Aranga.

- Copia da matrícula do presente curso salvo que exista certificación emitida pola Dirección co colexio, dos nenos/as matriculados nos diferentes cursos, no curso escolar 2016-2017.

- Certificación da conta bancaria do/a solicitante.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles que se contarán a partir do día seguinte á publicación da apertura do prazo, na páxina web do concello ( previsiblemente, no mes de setembro).

5.Lugar: As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Aranga ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

Sexto: Estudo das solicitudes e adxudicación

1. Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes procederase , pola concelleira de Cultura, Deportes , Servizos Sociais e Igualdade ou persoa do seu departamento no que

delegue, á verificación de que están completas e que ningún documento contén erros, comprobando que os solicitantes reunen os requistos exisidos . Se algunha solicitude conten erros subsanables, otorgaráse un prazo de dez días para a súa enmenda.

.

2. A continuación procederase a confeccionar a relación de solicitudes que fosen declaradas completas e as declaradas inadmitadas, cando a soliicutde non cumpra os requisitos precisos,

e de seguido ditarase unha proposta de resolución dándolle traslado á alcaldía ou órgano no que delegue, para a súa aprobación.

3. Logo de condecer a axuda, o Concello de Aranga efectuaralles a oportuna notificación aos/ás beneficiarios/as a efectos da súa aceptación.

Sétimo: Pagamento da axuda, xustificación e reintegro

1. As axudas concedidas serán ingresadas na conta bancaria facilitada xunto coa solicitude, unha vez xustificadas.

2. Antes do 30 de novembro de 2016 deberá presentar no rexistro de entrada do Concello de Aranga as facturas que acrediten a realización dos gastos para os que foi concedida a axuda, mediante a presentación das oportunas facturas, orixinais ou fotocopias cotexadas, dos gastos ocasionados pola adquisición do material escolar por importe superior ou igual a cuantía outorgada ( 50,00 €) . As ditas facturas deberán reunir os requisitos previstos no Real Decreto 1619/2012 de 30 de decembro ( nome, razón social , nif ou cif de quen emite a factura, nombre, enderezo, cif ou nif do beneficiario que ha de ser o solicitante, nº de factura e data de emisión, detalle do IVE e relación detallada do adquirido).

3. A non xustificación de todo ou parte da axuda dará lugar á perda do importe non xustificado .

Oitavo : Compatibilidade da subvención

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de axuda ou subvención que se poida recibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo do material escolar subvencionado.

Noveno: Normativa de aplicación

Para o non previsto na presente ordenanza será de aplicación o que se dispón na Lei 38/2003 xeral de subvencións, no Real Decreto 887/200 que aproba o seu regulamento; na lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009 que aproba o seu regulamento.

Contra a aprobación destas bases poderá interpoñer un recurso contencioso administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de

13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.Con carácter potestativo procede recurso de reposición no prazo dun mes dende a publicación da resolución.

Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Aranga, 20 de xuño de 2016.O alcalde.Alberto Platas Álvarez.

SOLICITUDE DE CONCESIÓN DE AXUDAS AO ALUMNADO PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, CURSO 2016/2017

D./Dª. ____________________________________________________, con DNI _____________________, e enderezo en _________________________________, parroquia de _____________________, teléfono _________________________, como

pai/nai/acolledor legal do neno/a ___________________________________________________________________________________________________________________________________________,

EXPOÑO:

Que tiven coñecemento da convocatoria de Axudas ao alumnado do CEIP A Castellana para a adquisición de material escolar, para o curso 2016/2017, e que reúno os requisitos esixidos nela, polo que,

SOLICITO:

A concesión dos beneficios que se establecen na citada convocatoria.

Aranga, ______ de ______________ de 2016."

Información adicional