Concelleiros delegados

-DELEGADO ESPECIAL PARA O SERVIZO DE OBRAS MUNICIPAL

 

 De conformidade co disposto no art. 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais que se aprobou por Real Decreto 2568/1986 de 28 de novmebro, faise público que por Resolucións da Alcaldía de data 14 de febreiro de 2017, foi feita a seguinte delegación.

Delegado especial para o servizo de obras municipal: D José Miguel Iglesias Ares.

A delegación inclúe as facultades de dirección interna e xestión ordinaria do servizo de obras municipais incluídos no seu ámbito de actuación. Non inclúe a facultade de resolver.

Aranga, 24 de febreiro de 2017. O Alcalde. Asdo. Alberto Platas Álvarez

 

 

-CONCELLEIRA DELEGADA NOS ÁMBITOS DA CULTURA, DEPORTES, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE:

Eva Mª Sánchez Brañas.

Esta delegación abarca as facultades de dirección, organización interna e xestión dos correspondentes servizos e actividades incluídos no ámbito de actuación, incluíndo a facultade para resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

Información adicional