PLENO MUNICIPAL 2015

Na sesión constitutiva celebrada ás doce horas do día 13 de xuño de 2015, procedeuse á constitución da nova corporación municipal.

Na mesma sesión foi nomeado e tomou posesión do seu cargo de Alcalde D. Alberto Platas Álvarez.

A nova Corporación Municipal queda integrada polos seguintes conselleiros:

D. ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ (PP): ALCALDE-PRESIDENTE

Dª EVA MARÍA SÁNCHEZ BRAÑAS (PP)

D. FRANCISCO JOSÉ VÁZQUEZ FREIRE(PP)

D. DIEGO VÁZQUEZ GARCÍA(PP)

D. JOSÉ MIGUEL IGLESIAS ARES (PP)

Dª. AMPARO RIVAS PENA (PP)

 

Dª SANDRA PENA BARBEITO(PSde G-PSOE)

D. CARLOS PLATAS ROCHA (PSde G-PSOE)

D. RUBÉN GARCÍA VIDAL (PSde G-PSOE)

D. MANUEL SÁNCHEZ CARRO (PSde G-PSOE)

 

D. ALFONSO ESPIÑEIRA ESPIÑEIRA (i ARANGA)

 

O Pleno Municipal do Concello de Aranga celebrarà sesión ordinaria o último xoves de cada bimestre, as trece horas, na sala de sesións da Casa Consistorial na primeira convocatoria, celebrándose a primeira sesión ordinaria no mes de agosto de 2015.

Se concorresen causas xustificadas o si coincidirán con algunha festividade , o Alcalde queda facultado para alterar a data de celebración da sesión ordinaria, podendo adelantarse ou atrasarse a súa celebración nun interválo máximo dunha semana.

O pleno municipal delega na xunta de goberno local, das atribucións previstas no artigo 22 da Lei reguladora das bases do réxime local, as seguintes competencias:

- A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión, e cando non esten previstos no orzamento.

Ademáis delega, de conformidade co establecido no artigo 51.2 do Texto refundido da lei de contratos do sector público aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro , as competencias asinadas ao pleno municipal no apartado segundo da disposición adicional segunda do dito texto refundido , e decir, a competencia como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, suministros, servizos , xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e contratos privados, cando o seu importe supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento ou os seis millóns de eurso, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración sexza superior aos catro anos, sempre que o importe acumulado das súas anualidades supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio na cuantía sinalada.

Asi mesmo a adxudicación de concesións sobre bens da corporación e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial, cando supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento ou o importe dos 3 millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio que non supere o porcentaxe e a cuantía indicados.

Información adicional