Benvida do alcalde

 

alcalde aranga2

 

É do meu agrado darvos un saúdo a todos os visitantes que decidades coñecer virtualmente o noso concello.
 O concello está ubicado entre os límites da Provincia da Coruña e Lugo podendo encontrar nel paisaxes naturais moi agradables, un patrimonio artístico-cultural excepcional e variadas festas e romarías durante todo o ano. Esta páxina tamén pretende ser un instrumento de comunicación, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para achegar e facilitar os servizos e a información a todos os veciños do municipio e aos visitantes.
Por isto convídovos a acceder a este portal e a facer as suxestións que vexades oportunas. Sen dúbida axudaranos a seguir mellorando. 
Un cordial e afectuoso saúdo.  Alberto Platas Álvarez, Alcalde do Concello de Aranga

Información adicional