CONVENIO DE COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

alberto

O presidente da Deputación, Diego Calvo, e o alcalde de Aranga, Alberto Platas, asinaron estes días dous convenios de colaboración entre ambas entidades. Estes acordos teñen como obxecto a instalación dun punto de recollida de plásticos agrícolas neste municipio e o peche perimetral do campo de fútbol de A Posta. Ambos supoñen un investimento provincial preto de 73.000 euros.
 
A axuda provincial aprobada neste convenio para o punto de recollida de plásticos agrícolas é de 32.691 euros. Con esta achega, a Deputación da Coruña asume o 80% do orzamento total do proxecto, que ascende a 40.864,36 euros.
 
Segundo explicou Alberto Platas, a nova actuación permitirá fixar un punto concreto no que os veciños poderán depositar os plásticos e, deste xeito, “evitar que estes materiais sigan sen ter un lugar onde depositarse e, consecuentemente, que teñamos que buscar un sitio diferente cada vez que queremos facer unha recollida”.
 
 Campo de fútbol de A Posta
En canto ao convenio asinado para financiar as obras necesarias coas que acometer o peche perimetral do campo de fútbol de A Posta, a Deputación da Coruña asume o 80% da actuación aportando 32.138 euros. Toda a actuación precisará dun investimento total que ascende a 40.171 euros
 
Unha vez finalizada a obra do novo peche, segundo explicou o alcalde de Aranga, “poderemos acabar cos problemas que provocan no céspede os animais da contorna cada vez que se sementa”.

Información adicional