CONVOCATORIA PROBAS DE OBTENCIÓN CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014.

Convócanse as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014.

Destinatarios. As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2014, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

Celga 4:14 de xuño de 2014.

Celga 2: 15 de xuño de 2014.

Celga 3: 21 de xuño de 2014.

Celga 1: 22 de xuño de 2014

Solicitudes: As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

Deberán indicar as probas ás cales solicitan presentarse e a localidade. No caso de que a persoa aspirante padeza algunha discapacidade, expresará na solicitude o tipo desta e o apoio que precisará para realizar as probas.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es, e na páxina web http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.

Contía das taxas de exame: 15,61 euros.

O prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa rematará o día 11 de abril de 2014 (inclusive).

Información adicional