“Deseñando o teu futuro”: proxecto piloto de estancias – visitas en empresas

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Paideia, convoca o programa “Deseñando o teu futuro”, un proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos.

De conformidade co artigo 7 da Lei  6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia,  a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.

Obxectivos:

 

  • Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
  • Axudar aos mozos/as  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
  • Achegar aos mozos e mozas  ao mundo sociolaboral.
  • Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
  • Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.

Prazas: 15 participantes.

Sectores: xardinería e viveirismo, mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais.

Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: A Coruña, Oleiros, Padrón, Rianxo, Noia, Boiro, Lousame, Ribeira, Brión.   Dependerá do sector elixido.

Datas de realización das estancias-visitas: entre o 22 de setembro e 22 de novembro de 2014.

Duración das estancias-visitas: entre 10 e 13 días hábiles. De luns a xoves, cunha duración mínima de 20 horas semanais e máxima de 32 horas semanais.   Os venres serán dedicados á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia.

 

Cobertura:

  • Centro de traballo para a realización da estancia-visita.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima.
  • Titor durante a realización da estancia-visita.
  • Preparación: formación de competencias sociolaboráis (presentación na empresa,  traballo en equipo, comunicación, seguridade nas tarefas, etc). Trámites administrativos.

A realización destas estancias-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Traballo e Benestar nin coa Fundación Paideia.

O empresa na que o/a mozo/a realice a estancia-visita non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais.

Pola realización das actividades formativas o/a participantes non percibirán ningunha cantidade.

Cada participante asinará coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a Fundación Paideia, e a empresa o Anexo que recolle un compromiso de colaboración para a estancia formativa de estancias-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.

Solicitudes.- As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.

O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de setembro de 2014 ás 23:59 horas.

Selección.- Todas as persoas solicitantes serán convocadas a participar no proceso selectivo mediante un correo electrónico indicando día, hora e lugar.

Para participar no proceso selectivo e posteriormente na realización das estancias –visitas deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.

Para máis información: no correo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. "

e no enlace:http://xuventude.xunta.es/2014080113930/desenando-o-teu-futuro-proxecto-piloto-de-estancias-visitas-en-empresas.html

Información adicional