PROCESO DE SELECCIÓN DO/A TÉCNICO/A EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A FASE DE VALORACIÓN DE MÉRITOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO/A TÉCNICO/A EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL NO CONCELLO DE ARANGA.-

No Boletín Oficial de la Provincia , na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha Técnico en animación sociocultural no concello de Aranga.

Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coas bases da convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a contratación , que é a seguinte:

ADMITIDOS :

1.-Jorge Albino Cores Davila

2.Luz Mery Barral Bouzón

3.Claudia Miguez Bouzón

4.Laura López Méndez

5.Enrique García Cidón

EXCLUÍDOS:

1.Carlos Freire Gómez

2.Fátima Fernández Franco

3. Estela Moscoso Camoeiras

4.Carolina Blanco Attias.

Os catro solicitantes decláranse excluídos polo mesmo motivo: non presentan fotocopia compulsada da titulación esixida para participar na convocatoria: Titulo Oficial de formación profesional de técnico superior en animación socio-cultural.

SEGUNDO.- A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, concedéndose o prazo de tres días para a enmenda da solicitude dende a publicación da lista na páxina web.

TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na lista de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúnan os requisitos exisidos na convocatoria , que deberá acreditarse con posterioridade .

CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:

PRESIDENTE: TITULAR: Rosa Novoa Paseiro

SECRETARIO TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

VOCAIS:- TITULARES: Baldomero Beceiro Alonso

Pablo Chacón Souto

Ramiro Cal López

SUPLENTES:Elisa Daponte Cores

Jose Vázquez Santé

A publicación da presente resolución na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co previsto no artigo 24 da lei 40/2015 de 1 de outubro do réxime xurídico do sector público .

Quedan citados os membros do tribunal para o vindeiro luns, quince de maio, as nove e trinta horas, na sala de sesións da Casa Consistorial a efectos de levar a cabo a valoración dos méritos alegados polos participantes.

Posteriormente se publicará, na páxina web e no taboleiro de edictos da casa consistorial, o resultado da valoración de méritos, fixándose a data, hora e lugar de celebración das probas escritas.

Aranga, 9 de maio de 2017

O alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

Información adicional