Valoración de méritos e data para a realización da fase de oposición para a selección dun/ha Técnico en animación sociocultural

Por medio do presente pónse en coñecemento de todos os interesados que a Comisión de Valoración dos méritos alegados polos admitidos/as para a selección dun/ha Técnico en animación sociocultural neste concello de Aranga, reúnese sendo as nove e trinta horas do día quince de maio de dous mil dezasete , para valorar os méritos dos aspirantes que participan no concurso- oposición que se convocou, mediante a inserción de anuncio na páxina web do concello e no Boletín Oficial da Provincia n.º 73 de 19 de abril.

O tribunal procedeu ao exame das instancias e documentación presentada polos candidatos. Do acordo unánime dos membros do tribunal, resulta a valoración de méritos que figura no cadro adxunto, pola orde de puntuación obtida:

 

cuadro resultados tcnico

 

A presente lista publicaráse na páxina web e no taboleiro de edictos da casa consistorial, fixándose para o día xoves, vinte e cinco de maio, as 10:00 horas a realización das dúas probas escritas en que consiste a fase de oposición. Asi mesmo procéderase á realización do exame que acredite o coñecemento do termo municipal por parte dos aspirantes que o teñan solicitado.

Acórdase polos membros do Tribunal que se realize en primeiro lugar o exame tipo test, que se desenvolverá nun máximo de 40 minutos. Se incluirán nel cinco preguntas a responder polos candidatos que teñen solicitado a proba escrita para acreditar o coñecemento do termo municipal,as cales valoraránse ata un punto.

O segundo examen, consistente na realización por escrito do diseño dunha proposta de intervención sociocultural no concello, realizaráse unha hora despúes, e terá unha duración máxima de cuarenta minutos.

Asi mesmo acordase que será necesario obter a lo menos 1,25 puntos en cada unha das dúas probas escritas, para ter superado a fase de oposición .

A presente publicación serve como notificación persoal a cada dun dos candidatos.

Aranga, 16 de maio de 2017

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

Información adicional