xuntanza coa conselleira de medio ambiente, territorio e vivenda

xuntanza conselleira medio ambiente

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo unha xuntanza co alcalde de Aranga, Alberto Platas, e cos alcaldes de Curtis, Toques e Sobrado, na que lle trasladaron a súa preocupación polos danos que o lobo e o xabaril están a provocar nos cultivos e explotacións dos seus respectivos termos municipais.

A resposta da conselleira foi que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará o vindeiro ano máis de 1,4 millóns de euros a medidas que axuden a paliar e prever os danos ocasionados pola fauna silvestre.

Información adicional