O CASTIÑEIRO DO APALPADOR

apalpador2016

imos ao bamboleo!!!

bamboleo2016

sanTA ICIA 2016

pablodiaz2016

pablodiazgaita

Co gaio da celebración do día da música, Santa Icía, poidemos gozar da actuación de Pablo Díaz,  os máis novos cantaron e bailaron ao son das súas cancións.

XIII CONCURSO COIDANDO A NATUREZA

reciclaxe2016

Ler máis:XIII CONCURSO COIDANDO A NATUREZA

EXCURSIÓN A ALLARIZ 23/04/2016

Aberto prazo de preinscrición para a Excursión a Allariz.

Como inscribirse:

Reserva de praza ata o 15 de Abril no Centro Socio-Cultural Ponte-Aranga ou no 981 793 590.

Unha vez confirmada a reserva efectuarase o pagamento mediante ingreso bancario ata o 19 de Abril.

Inscricións por orde de chegada tendo preferencia os/as empadroados/as nos Concellos da Comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo(Aranga, Irixoa, Monfero, Vilarmaior)

excursionallariz2016

PRAZO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DO CELGA

O prazo de inscrición nas probas remata o vindeiro luns, 8 de febreiro.

Probas para a obtención de certificados de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Prazo de presentación : 08/01/2016 - 08/02/2016.

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Datas de realización das probas.

- Celga 4: 2 de abril de 2016.

- Celga 2: 3 de abril de 2016.

- Celga 3: 9 de abril de 2016.

- Celga 1: 10 de abril de 2016.

Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a avaliación continuará realizándose o día ou días que determine a Comisión Central de Avaliación, que serán debidamente publicitados.

Dirixiranse todas as solicitudes á sede central da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tanto se as persoas interesadas se presentan ás probas en Santiago de Compostela como en Ponferrada.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=114A

 

Información adicional