DIA DO MEDIO AMBIENTE

medio natural

O 5 de xuño celebramos o Día do Medioambiente no CEIP da Castellana, e coa realización de actividades de concienciación.

Repasamos os conceptos básicos de "reciclar", "reducir" e "reutilizar", nesta actividade os máis novos poideron aprender cal é a maneira na que podemos contribuír dende as casas para aminorar a cantidade de lixo que se produce. Dende o feito de separar adecuadamente os refugallos, intentar comprar menos alimentos envasados, tirar menos e utilizar máis veces os materiais que poidan ter varios usos...

 Tamén fixemos unha actividade na que os rapaces e rapazas aprenderon cales son os distintos tipos de contedores para a recollida do lixo, cores e materiais que teñen que ir en cada un deles, tendo en conta que non so existen os do organico (verde) e plástico (amarelo)... hai os do cartón-papel (azuis), os do vidro (verdes), para a recollida de pilas e cartuchos tamén existen contedores en distintos edificios públicos...para as bombillas, aceites e roupa indicouse onde podemos atopar puntos de recollida.

 O que se persegue é que dende mozos comprendamos a imporantancia de manter o medio: por saúde, porque é fermoso, porque nos alimenta, porque se temos en conta todo esto podemos aforrar na producción de plásticos, vidro e outros materiais...

 Para rematar a xornada poidemos gozar da obra "Nun recuncho do monte" da compañía Ti e máis eu teatro.

Información adicional