CANCIONEIRO DAS TERRAS DE ARANGA

  • imprimir

 presentacin1

O pasado sábado tivo lugar a presentación do Cancioneiro das Terras de Aranga, cunha introducción de Alberto Platas (Alcalde do Concello de Aranga), que deu paso ó autor, Manuel Castro Santamariña, do texto que recolle coplas da nosa terra.

Depenicamos un pouco...

Da introdución: "Unha das manifestacións da cultura popular galega é o cancioneiro, expresión de sentimentos, ensinanzas, consellos, refráns, burlas, críticas aos poderosos...que se foron transmitindo oralmente, de xeración en xeración, aproveitando os intres en que o traballo (esfollas, fiaderios e rogas en ceifas varias) o permitía, ou os de vagar en camiñadas, romarías...ademais das longas noites de inverno, a carón do lume das lareiras. É en calquera caso, un xeito de espello no que se reflicte o espírito das nosas xentes.

presantacion

Comezan as coplas...

Por unha María morro,

e por ela peno tanto,

e por ela vou a Roma

pedila ao Padre Santo.

 

Din que as túas mans pican

e para min son amorosas

Tamén pican as roseiras

 e delas saen as rosas...