PRAZO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DO CELGA

O prazo de inscrición nas probas remata o vindeiro luns, 8 de febreiro.

Probas para a obtención de certificados de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Prazo de presentación : 08/01/2016 - 08/02/2016.

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Datas de realización das probas.

- Celga 4: 2 de abril de 2016.

- Celga 2: 3 de abril de 2016.

- Celga 3: 9 de abril de 2016.

- Celga 1: 10 de abril de 2016.

Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a avaliación continuará realizándose o día ou días que determine a Comisión Central de Avaliación, que serán debidamente publicitados.

Dirixiranse todas as solicitudes á sede central da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tanto se as persoas interesadas se presentan ás probas en Santiago de Compostela como en Ponferrada.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=114A

 

Información adicional