convocatoria e bases de selección de personal laboral temporal (técnico sociocultural)

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a selección, mediante concurso dun posto de traballo laboral temporal de Técnico sociocultural por quedar vacante o dito posto, ao abeiro da subvención obtida da Deputación Provincial .

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .

Aranga, 12 de abril de 2017

O Alcalde :

Asdo.Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN/DUNHA TÉCNICO/A EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL.

1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto desta convocatoria é a selección, mediante concurso-oposición, en réxime laboral, de persoal técnico em animación sociocultural, dentro do programa de apoio á cultura "subvencións para animadores culturais" regulado pola convocatoria da Deputación da Coruña (BOP N.º 33, do 16/02/2017) pola que se establecen os programas de apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras entidades locais para contratar persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2017, e conforme ao establecido nas seguintes normas: Lei 7/2007, de 12 de abril, Estatuto básico do empregado púbico, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de seleccións de funcionarios da Administración Local, Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratación.

As funcións a desempeñar serán desenvolver os aspectos prácticos dos programas e proxectos culturais municipais, exercendo unha labor de dinamización no campo da animación, o desenvolvemento comunitario e o lecer sociocultural. A persoa técnica en animación sociocultural colaborará e participará no desenvolvemento das planificacións, proxectos, programas e iniciativas culturais municipais e responsabilizarase do traballo directo coas persoas usuarias. Ao tempo, contactará co sistema asociativo local e cooperará no incremento da participación da poboación nas actividades culturais, realizando unha labor de intermediación entre a demanda social e a oferta cultural proposta polos servizos públicos. Así como a realización de programas de apoio na biblioteca municipal e en xuventude, e aquelas outras que se deriven do seu posto de traballo.

2.-MODALIDADE, DURACIÓN DO CONTRATO , XORNADA LABORAL e CONDICIÓNS.

A contratación farase baixo o réxime laboral temporal .A duración do contrato será polo período comprendido entre a súa formalización e o 31/12/2017, que se poderá prorrogar ata o 30/04/2018, e a xornada laboral será de 20 horas semanais con dispoñibilidade horaria.

As retribucións brutas mensuais fíxanse en 758,00 €.

3.-REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES

Para poder participar na selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título oficial de formación profesional de técnico superior en Animación Sociocultural.

b) Estar en posesión do Certificado de Lingua Galega Nivel 4 (Celga 4) ou eqivalente.

c) Ser de nacionalidade española, sen prexuízo do establecido no art. 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación forzosa.

e) Estar en posesión do permiso de conducir B1.

f) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatíbel co desempeño das correspondentes funcións.

g) Non ter sido separado/a ou suspendido do servizo das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública.

h) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

O cumprimento dos requisitos entenderase referido á data de finalización do prazo de presentación de instancias, de acordo co previsto no artigo 18.2 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo.

4.-SOLICITUDES

Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha solicitude dirixida ao alcalde do Concello segundo o modelo que figura como anexo ás presentes bases, directamente ou a través dos procedementos previstos no art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, que se han de contar a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A instancia irá inexcusablemente acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia compulsada da titulación esixida para participar na convocatoria.

c) Relación dos méritos que alega.

d) Fotocopia compulsada de todos os documentos xustificativos dos méritos alegados que sexan puntuables de acordo ao previsto na base 7. Non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos no momento de presentación da instancia.

5.-ADMISIÓN DE SOLICITUDES

Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución pola que se declara aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión, concedendo un prazo de tres días para a emenda das solicitudes dende a publicación da listaxe provisional no Taboleiro de Edictos e na páxina web do concello.

No caso de non existir aspirantes excluídos, poderase elevar a definitiva a listaxe provisional, ademais de fixar a composición do tribunal.

O órgano de selección reunirase e levará a cabo a valoración dos méritos, que se publicarán no taboleiro de edictos da casa consistorial e na páxina web municipal (www.aranga.es), xunto coa data, hora e lugar de realización das dúas probas escritas.

6.-TRIBUNAL DE SELECCIÓN

Será designado polo alcalde e terá a seguinte composición:

- Presidente: un funcionario da Administración Local.

- Secretaria: a da Corporación.

- 3 Vogais: funcionario ou persoal laboral da Administración local.

Todos/as os vogais deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

Así mesmo, poderá formar parte do Tribunal, con voz pero sen voto, un representante da Deputación Provincial.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou tivesen realizado tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as ditas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, e resultando, en todo caso, imprencindible a asistencia do presidente e da secretaria.

As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros asistentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente.

7.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O procedemento de selección constará de dúas fases: valoración de méritos e o desenvolvemento de dúas probas escritas.

VALORACIÓN DE MÉRITOS:

Valoraranse os seguintes méritos:

a) Titulación universitaria relacionada co ámbito cultural ou social (Humanidades, Socioloxía, Historia, Belas Artes, Pedagoxía, Filoloxía...). 1 punto.

b) Formación específica debidamente acreditada e homologada, relacionada co posto de traballo, impartida polas administracións públicas ou polas institucións e entidades autorizadas. Ata 1 punto.

Valoraranse do seguinte xeito:

-Cursos de máis de menos de 40 horas: 0,10 puntos cada un.

-Cursos cunha duración de 40 a 99 horas : 0,25 puntos por cada un.

-Cursos de cen ou máis horas de duración : 0,5 puntos cada un.

Os méritos dos apartados a) e b) acreditaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados ou diplomas expedidos polos organismos ou institucións ou entidades autorizadas , nos que consten duración e contido.

c) Experiencia-acreditada documentalmente- na planificación, deseño e/ou desenvolvemento práctico de atividades de animación e dinamización social e comunitaria no sector público, asociativo e/ou privado. Teranse en conta aquelas relacionadas diretamente cos campos da igualdade de xénero, o traballo socioeducativo e a dinamización do territorio. Ata 1 punto.

Valorarase do seguinte xeito: 0,10 puntos por cada mes de servizos prestados. Acreditaráse mediante certificación expedida pola autoridade competente ou mediante contrato de traballo e acompañados do informe de vída laboral.

d) Polo coñecemento do termo municipal 1 punto. Acreditarase mediante un volante de empadroamento no que conste unha antigüidade mínima de 1 ano empadroado no concello. No seu defecto, realizarase, a quen a solicite, unha proba escrita.

e) Por posuír coñecementos de folclore galego: baile, canto, instrumentación, etc. Acreditarase mediante documentos xstificativos de asistencia a cursos, xornadas, actuacións, etc. Ata 1 punto.

PROBAS ESCRITAS

Ademais, desenvolveranse dúas probas escritas:

- unha primeira tipo test de comprobación de coñecementos teóricos no campo da animación sociocultural. Valoraráse ata 2,5 puntos. Constará de 25 preguntas valorándose cada unha delas e 0,10 puntos.

- unha segunda proba, a desenvolver por escrito, de deseño dunha proposta libre de intervención sociocultural no concello. Valorarase ata 2,5 puntos.

8.-RESOLUCIÓN

Rematada a cualificación das persoas aspirantes, o tribunal cualificador publicará no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello a relación de aspirantes ordenados de maior a menor puntuación, e dirixirá proposta ao alcalde-presidente da Corporación, co obxecto de que este dite a correspondente resolución de nomeamento do aspirante que obtivese a maior puntuación.

No caso de empate a puntos entre dous ou máis aspirantes, decidirase a favor do que acadase maior puntuación na fase da entrevista persoal.

9.-INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO

O/a aspirante que resulte designado, disporá de tres días naturais, que se contarán a partir da publicación no Taboleiro de Edictos e na páxina web, da proposta de nomeamento, para a presentación da seguinte documentación:

- Certificado médico.

- Permiso de conducir.

- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo das administración públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

- Declaración xurada de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente.

Pasado este prazo, se o/a aspirante non comparecese, entenderase decaído en todos os seus dereitos, procedendo ao nomeamento do seguinte aspirante por orde de puntuación. A contratación do/a aspirante seleccionado correspóndelle ao alcalde.

10.- NORMA FINAL.-

Agás a convocatoria , que se publicará no Boletín Oficial da Provincia , Taboleiro de Edictos e na páxina web do concellos, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faránse públicos exclusivamente a través do Taboleiro de edictos e da páxina web do concello.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas, así como as actuacións do tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei de xurisdición contencioso-administrativo.

Aranga, 4 de abril de 2017

O ALCALDE

Asdo.: Alberto Platas Álvarez

ANEXO I.- MODELO DE SOLICITUDE

SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE ARANGA PARA A CONTRACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA TÉCNICO EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL.-

Eu, _______________________________________________________________________,

co DNI número ______________________ e data de nacemento _____________________,e

co enderezo para os efectos das notificacións, en ___________________________________

______________________________________________, Poboación ____________,

CP _________________, Concello________________,

SOLICITO tomar parte no proceso selectivo convocado polo concello de Aranga para cubrir unha praza de persoal laboral temporal de técnico en animación sociocultural , ao abeiro da convocatoria do concello de Aranga, para o que adxunto fotocopia compulsada do DNI , fotocopia compulsada do título académico exisido e fotocopia compulsada dos documentos xustificativos dos méritos alegados.

Que relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa dos mesmos.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

DECLARO que coñezo e acepto as bases que rixen o proxecto selectivo e que reúno os requisitos esixidos, non estando incapacitado para desempeñar o posto e non estou incurso en prohibicións para contratar nin estou en situación de incompatiblidade.

Polo que SOLICITO ser admitido/a no correspondente proceso selectivo.

Aranga, de de 2017

SR.ALCALDE DO CONCELLO DE ARANGA

Información adicional