CAMPAMENTOS DE VERÁN

portada cam

contraportada cam

ACTIVIDADES VERAN 2014

folleto veran2014cabeceira

folletoveran2014reverso

folleto veran2014asociacins

DÍA DA ÁRBORE 2014

O pasado 30 de abril celebrámos o "Día da árbore" en Ponte Aranga:

Ademais da entrega dos premios dos concursos de Coidando a Natureza 2014

reservaarbore14

Un técnico do GDR das Mariñas Betanzos expón ós participantes a importancia de que o noso territorio esté dentro da Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".

buxato14

Acercándonos á fauna, os nenos asombrados ante os animais recuperados e que se soltaron neste día.

obra

Da man de "Títeres Trompicallo" gozamos da representación:

O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUVE E CHOVEU

xantararbore14

Rematamos a xornada cun xantar integrándonos coa comunidade educativa, nenos e familias.

 

 

 

 

MES DA NATUREZA 2014

INICIATIVA XOVE (XUNTA DE GALICIA)

É un programa que se pon en marcha dende a DXXeV, que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

Máis información:

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

OBRADOIRO SAMAIN 2013

Os nenos e nenas de Aranga reunímonos para celebrar o Samain, caracterizámonos para espantar os malos espiritus, e decoramos as nosas cabazas...

foto samain13

Información adicional