IX CONCURSO COIDANDO A NATUREZA 2012

  • imprimir

natureza CATEGORÍA FOTOGRAFÍA “ARANGA AO NATURAL” 

TEMA
Queremos que todo o mundo teña a oportunidade de presentar os seus
traballos fotográficos para que estes sexan o cartel do mes da
natureza 2013. Estes traballos teñen que mostrar a imaxe do medio
natural de Aranga.
OBXECTIVOS


Animar a veciñanza a colaborar a promocionar o medio natural de Aranga.
Utilizar a fotografía como medio artístico e como forma de expresión.
Promover o emprego das novas tecnoloxías e as redes sociais.
PREMIOS

Haberá un único premio entregándose o día 4 de maio durante a
celebración do Día da Árbore.
Todos os traballos presentados quedarán en propiedade do Concello de
Aranga, que poderá utilizalos e reproducilos sen facer un mal uso dos
mesmos e citando o autor.
BASES DO CONCURSO

1.Categorías:
Poderán participar todos os veciños de Aranga nunha única categoría.
Cada participante só poderá presentar un traballo fotográfico.

2. Entrega
Para esta edición os e as participantes deberán colgar os traballos
fotográficos no facebook da Omix de Aranga ou envialos a
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.  e dende aí colgaranse. Dentro da descrición irá o
título “Aranga ao natural 2012”
Os traballos pódense colgar dende o 9 ata o 27 de abril ás 14:00h. A
foto gañadora será a que teña máis “me gusta” no momento de pechar o
prazo.

CATEGORÍA IDEAS MEDIAMBIENTAIS
“INICIATIVAS ECO-ARANGA”
TEMA
A temática para esta edición versará sobre  iniciativas ecolóxicas
para levar a cabo en Aranga. O importante deste concurso é que entre
todos poidamos ver métodos útiles para que a nosa vida diaria sexa
máis ecolóxica.

OBXECTIVOS

Fomentar unha reflexión sobre os problemas medioambientais e axudar a
solventalos
Dar a coñecer iniciativas ecolóxicas para que nos axuden a coidar o
medioambiente no día a día
.PREMIOS

Haberá un  único premio entregándose o día 4 de maio durante a
celebración do Día da Árbore. Todos os traballos presentados quedarán
en propiedade do Concello de Aranga, que poderá utilizalos e
reproducilos sen facer un mal uso dos mesmos e citando o autor.

2. Entrega:

Os e as  participantes deberán presentar os seu traballo no Centro
Socio-Cultural de Ponte-Aranga ou no CEIP A Castellana seguindo o
modelo oficial. Os traballos pódense entregar dende o 9 ata o  27 de
abril.

Para garantir a imparcialidade do xurado, cada traballo irá acompañado
dun sobre no que se incluirá no interior o nome dos participante xunto
co enderezo, e un teléfono de contacto. No exterior unicamente
constará a categoría na que se presenta.

O xurado estará composto por un representante do concello, un técnico
e unha persoa do municipio.O criterio seguido polo xurado será a
calidade dos traballos e a coherencia coa filosofía do concurso.

Inscripción no seguinte [adxunto]