PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”

memorias O próxImo venres 20 de abril presentarase a curtametraxe “Memorias dun neno labrego” ; enmarcado dentro do II Plan Municipal de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Aranga 2010-2014.

Todas as paisaxes, os lugares e as actrices e os actores pertencen a Aranga.

Trátase dunha historia protagonizada por Lois, un rapaz de 10 anos de Aranga, que vive nunha granxa de vacas leiteiras, na que traballan os seus pais.

“Memorias dun neno labrego” forma parte dun proxecto promovido polo Concello de Aranga, apoiado dende a Excma. Deputación Provincial da Coruña mediante a convocatoria de 2011 de desenvolvemento de políticas de igualdade entre homes e mulleres, e realizado por Mandeo Records, con guión e dirección de Daniel López, baseado na corresponsabilidade na convivencia entre homes e mulleres, no núcleo familiar.  

A presentación aberta ao público terá lugar o próximo venres 20 de abril no Colexio da Castellana ás 18.30 h. cun pequeño debate – reflexión.

Información adicional