XI concurso coidando a Natureza 2014

(Para ver a imaxe en grande da clic co botón dereito do rato e pincha en ver imagen)

FORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE VIARIA

PROGRAMA ACCIÓN DE VERAN (XUNTA 2014)

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN:

-Campamentos

-Campos de Traballo

Neste enlace podedes consultar máis información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

CANCIONEIRO DAS TERRAS DE ARANGA

 presentacin1

O pasado sábado tivo lugar a presentación do Cancioneiro das Terras de Aranga, cunha introducción de Alberto Platas (Alcalde do Concello de Aranga), que deu paso ó autor, Manuel Castro Santamariña, do texto que recolle coplas da nosa terra.

Depenicamos un pouco...

Da introdución: "Unha das manifestacións da cultura popular galega é o cancioneiro, expresión de sentimentos, ensinanzas, consellos, refráns, burlas, críticas aos poderosos...que se foron transmitindo oralmente, de xeración en xeración, aproveitando os intres en que o traballo (esfollas, fiaderios e rogas en ceifas varias) o permitía, ou os de vagar en camiñadas, romarías...ademais das longas noites de inverno, a carón do lume das lareiras. É en calquera caso, un xeito de espello no que se reflicte o espírito das nosas xentes.

presantacion

Comezan as coplas...

Por unha María morro,

e por ela peno tanto,

e por ela vou a Roma

pedila ao Padre Santo.

 

Din que as túas mans pican

e para min son amorosas

Tamén pican as roseiras

 e delas saen as rosas...

PRESENTACIÓN CANCIONEIRO DAS TERRAS DE ARANGA

cartaz presentacin cancioneiro - copia 2

FESTAS EN FERVENZAS

FIESTAS PARROQUIALES EN FERVENZAS EN HONOR A SANTA ISABEL .


Un año más la parroquia de Fervenzas en el ayuntamiento de Aranga ultima los preparativos para la celebración de sus fiestas parroquiales en honor a Sta Isabel el fin de semana de los días 6 y 7 de Julio.

El sábado día 6 habrá misa solemne a la 1:15,  sesión vermouth y verbena a cargo del Grupo Bumerang.

El domingo día 7 habrá misa solemne a la 1:00 y  a continuación una larga  sesión vermouth amenizada por el dúo Geminis.

La comisión organizadora de estas fiestas quiere agradecer la participación  de todos los que colaboran año tras año para la realización de estas fiestas parroquiales.

programa festa ano 2013

Información adicional