EXCURSIÓN A SALAMANCA

img-20130609-wa0000

Os días 7, 8 e 9 de xuño saímos de viaxe para visitar a cidade de Salamanca e o lugar de La Alberca. A pesar do clima gozamos dunha experiencia gratificante gozando do patrimonio arquitectónico e da gastronomía da zona.

DIA DO MEDIO AMBIENTE

medio natural

O 5 de xuño celebramos o Día do Medioambiente no CEIP da Castellana, e coa realización de actividades de concienciación.

Repasamos os conceptos básicos de "reciclar", "reducir" e "reutilizar", nesta actividade os máis novos poideron aprender cal é a maneira na que podemos contribuír dende as casas para aminorar a cantidade de lixo que se produce. Dende o feito de separar adecuadamente os refugallos, intentar comprar menos alimentos envasados, tirar menos e utilizar máis veces os materiais que poidan ter varios usos...

Ler máis:DIA DO MEDIO AMBIENTE

X CONCURSO COIDANDO A NATUREZA 2013 "ARANGA AO NATURAL"

A foto gañadora do "X CONCURSO COIDANDO A NATUREZA 2013" "ARANGA AO NATURAL", foi a presentada por Rebeca Penas Tizón.

Título: Regato do "Piugueiro", O Pousadoiro-Orosa (Aranga)

premio

FESTA DA ÁRBORE 2013

   mural

O pasado venres 10 de maio, tivo lugar a celebración do día da árbore en Ponte Aranga, á que estiveron invitados os nenos do concello, as súas familias, mestres e colaboradores que fixeron posible que esta celebración saíse adiante.

teatro

Todos xuntos poideron participar na planta de árbores, elaboración de murais de exaltación do medio natural e da representación da obra de monicreques " O espirito do bosque" de Falcatrúa.                                              

comida1

Para finalizar a xornada compartiron o xantar á beira do río Mandeo.

Información adicional