CONVENIO PARA A UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

convenioarangacurtisRecentemente asinouse un convenio de colaboración entre os Concellos de Aranga e Curtis, para a utilización de todas as instalacións deportivas das que dispoñen, resultando beneficiados os veciños de ambos os dous concellos , posto que, só deberan aboar as tasas correspondentes indistintamente, sen ter en conta en cal deles residan, o que supón un aforro con respecto ás que se estaban pagando antes da sinatura deste acordo.

Dada a existencia no territorio dunhas infraestruturas nas que se poden realizar numerosas actividades deportivas (ximnasio, pistas de padel, piscina…), considerouse moi positivo que a veciñanza poidese compartir estes espazos, e deste xeito optimizar os rescursos exitentes entre concellos limítrofes.

aparatospistaspadel

Información adicional