Rallye Rías Altas Histórico 2016

rally rias altasrally rias altas1

O alcalde de Aranga, Alberto Platas, foi convidado á presentación do Rallye Rías Altas Histórico 2016 , puntuable para o campeonato de España, que terá lugar esta fin de semana, os días 7 e 8 de outubro.

Unha parte do seu trazado percorre terras do concello de Aranga, despois de varios anos sen ter a oportunidade de acoller un rallye de asfalto poderemos disfrutar do que terá lugar o día 8 de outubro, segundo o programa oficial :

http://www.rallyeriasaltas.com/info-general/itinerario-horario/

http://www.rallyeriasaltas.com/info-general/mapa-general/

Agradecemos á organización deste evento que tivera en mente os trazados polos que se desenvolverá esta proba en terras do concello de Aranga, nas que existe unha tradición de rallyes de vello e que esperamos se recupere.

Nesta ocasión están inscritos máis de 90 participantes, pilotos de recoñecida experiencia e traxectoria, que aseguran un espectáculo do que disfrutará numeroso público.

http://www.rallyeriasaltas.com/info-general/lista-de-inscritos/

Queremos pedir aos veciños dos lugares por onde transcorre que teñan paciencia cos posibles cortes de estrada, a aquelas persoas que acudan como público que garden as medidas de seguridade necesarias para realización desta proba deportiva, e a todos que o disfruten na medida do posible.

Información adicional