oferta de campamentos deportivos de verán deputación da coruña

A Deputación de A Coruña oferta o campamento deportivo de verán para nenos e nenas da provincia. Este ano amplíase a interesados de maior idade, abarcando ós anos de nacemento do 2005 ó 1998. Estruturados en dous grupos.

-Grupo A: nados/as do 2001 a 2005. Na que realizaran un amplo programa de actividades deportivas ( paseos a cabalo, kaiak, vela, etc...), culturais e veladas nocturnas.

-Grupo B: nados/as de 1998 a 2000. Ademáis do programa do grupo A terán actividades en INGLÉS

Para os/as nenos/as do grupo A ao noso concello fóronlle concedidas 3 prazas no 2º quenda do Campamento Deportivo que se celebrará do 5 de xullo ao 11 de xullo de 2015. No caso de que houbera máis inscricións que prazas dispoñibles realizarase un sorteo na Secretaría do Concello o luns 1 de Xuño ás 12:00

Para os /as pertencentes ao grupo B, realizarase un sorteo na Deputación Provincial entre todos os inscritos. (Data a determinar)

En ambos casos a data límite de inscrición no Concello de Aranga é o 29 de Maio. Presentando folla de inscrición debidamente cumprimentada.

O custe do mesmo será de 85€.

Podes consultar máis información no enlace : http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-deportivos/ ;ou no departamento de cultura, deportes e asuntos sociais do Concello de Aranga (Telef.: 981 793 590).

VISITA AS NOVAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FUTBOL DA POSTA

14066355209353831 2


O alcalde do Concello de Aranga tivo como convidados ó Presidente da Deputación da Coruña e a Alcaldes de concellos limítrofes para dar a coñecer as novas instalacións do campo de fútbol municipal que recentemente foi arranxado grazas á colaboración económica da Deputación da Coruña. Esta nova remodelación comprende o peche perimetral do campo, evitando os actos vandálicos e a entrada de animais salvaxes, que causaban graves estragos no céspede.

Reparouse tamén o terreo de xogo reconstruindo todo o campo, colocando rego automático, facendo drenaxes novas e plantando céspede, conseguindo así un campo en boas condicións para a práctica do fútbol.

No seu día, o concello adquiriu o compromiso de manter estas instalacións en bo estado para o seu uso, hoxe podemos ver como están sendo utilizadas polos nenos e nenas en actividades de verán, e sobre todo polo clube xuventude a castellana.

 O alcalde de Aranga aproveitou a ocasión para ofrecerlles estas instalacións ós concellos limítrofes representados polos seus alcaldes, algúns dos concellos xa levan tempo colaborando, formando xunto coa Deputación a Comunidade Intermunicipal Lambre–Mandeo, aínda que por proximidade poderíase colaborar con máis concellos e así aproveitar mellor estas instalacións.

Aproveitamos a ocasión para agradecerlle á Deputación o apoio que nos brinda.

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&;accion=2&ver=19&nid=19793

MILLA POPULAR POLA IGUALDADE

cartelcarreiraweb

SERVICIO DE DEPORTES

 

SERVICIO DE DEPORTES

SERVIZOS

DESCRIPCIÓN

Deseño de programas de actividade física*

Programación de exercicios de actividade física para veciños do Concello para preparación de eventos deportivos, mantemento da saúde ou preparación de probas física para oposicións.

Colaboración na preparación de roteiros de sendeirismo.*

Asesoramento a grupos na realización dos roteiros da Rede Municipal.

Coordinación do uso das instalacións deportivas.

Cadramento das actividades deportivas que se desenvolven nas instalaciones, nos horarios dispoñibles

*Previa Cita

Ler máis:SERVICIO DE DEPORTES

Información adicional