III MILLA POPULAR POLA IGUALDADE

iiimillapolaigualdade

O departamento de Cultura, Deportes, Asuntos sociais e Igualdade do Concello de Aranga, organiza o vindeiro 18 de Outubro a Milla popular pola igualdade.

Nesta terceira edición o percorrido será igual que os anos anteriores polas rúas da localidade de A Castellana. E cóntase coa participación de preto de douscentos/as atletas de todas as idades.

As competicións comezarán as 11:00 h. cos máis pequenos, finalizando ás 11:40 coa proba raiña da competición da categoría.

O remate da proba, ademáis da correspondente entrega de premios e a tradicional chocolatada para todos/as os/as participantes, haberá unha representación dos populares bonecos coa obra os "OS BOLECHAS e a máquina do tempo"

O custo é gratuíto para os participantes. A inscrición suporá a aceptación do regulamento publicado na páxina web do Concello de Aranga (WWW.aranga.es)

REGULAMENTO:

PERCORRIDOS

-Volta pequeña

voltapequena

-Volta grande

voltagrande

CATEGORIAS

categoriasmilla

Para homes e mulleres

HORARIOS e Distancias

dorsais

INSCRICIÓNS

Só se admitirán un total de 150 participantes. Tendo preferencia aqueles empadronados ou residentes no Concello de Aranga

As inscricións realizaranse por calquera dos seguintes medios:

-Correo electrónico a deportes@aranga.é . Indicando Asunto: Inscrición 3 Milla. E no contido , nome, apelidos, Alias, DNI e data de nacemento dos participantes. Confirmarase a aceptación da inscrición.

A data tope de recepción de inscriciones será o mércores 14 de outubro

DUCHAS

Ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal da Castellana

RECOLLIDA DE DORSAIS:

No centro de saúde da Castellana de 10:00 a 10:45 h. o propio día de competición

CONTROL DE CHEGADA:

Ao ser unha proba de carácter amistoso, non se realizará cronometraxe.

TROFEOS E PREMIOS:

Publicaranse os resultados provisionales no taboleiro oficial da zona de meta. A partir dese momento ábrese un periodo de reclamacións de 30 minutos. Pasado este periodo, non se admiten reclamacións. A organización publicará entón a clasificación definitiva.

Recibirán trofeo/medallas os 3 primeiros atletas de cada categoría.

Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.

Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba de seniors e veteranos.

Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos, e deberán achegarse á zona de podio uns minutos antes do comezo de entrega.

A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

A organización resérvase o dereito de admisión.

A organización resérvase o dereito de modificar este reglamento si as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación conleva a total aceptación do reglamento desta proba.

Soamente se permíte aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimiento da proba, estando rigurosamente prohibido o acompañamiento dos participantes, excepto en categoría biberón e inferiores, sendo motivo de escalificación.

A todos os participantes regalaráselle unha camiseta técnica conmemorativa.

Para máis información

Departamento de Cultura, Deportes , Asuntos Sociais e Igualdade.

Concello de Aranga.

Teléf. 981 793 590

Información adicional