RESEVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Acaban de comunicarnos que finalmente a candidatura de As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a reserva mundial da biosfera ten un dictame favorable. 

Esta decisión foi tomada hoxe, martes 28 de maio, na sala XII da sede da Unesco en París, no marco da 25 Sesión do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere) daUnesco.

Despois de máis de dous anos de traballo, xa podemos decir que os municipios que conforman esta reserva son son Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Ocupa 113.970 hectáreas, nas que residen casi 190.000 persoas.

Sen o consenso acadado, desde os 18 concellos, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, universidades, sindicatos, asociacións, cooperativas, etc., non houbera sido posible chegar ata aquí, polo que queremos agradecer publicamente  a todas as persoas e entidades que tedes colaborado e participado neste proxecto colectivo, axudando a facelo máis forte e enraizado no territorio, e que sen dúbida está chamado a aglutinar a todos os axentes interesados no desenvolvemento ambiental, social e económico do noso territorio.

No seguinte enlace podedes ver un interesante video da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

http://www.biosferamarinasmandeo.com/2013/05/video-reserva-da-biosfera-marinas.html

Información adicional