CONVOCATORIA DE AXUDAS NO DOG DE 21 DE XUÑO DE 2013

  • imprimir

doga

-RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

-ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A).

-ORDE do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.