PROGRAMA LEADER 2014-2015

 O luns 31 de marzo de 2014, en reunión de Xunta Directiva de Mariñas – Betanzos aprobouse a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda do Programa LEADER para as anualidades 2014-2015, do que se poderán empezar a recibir novas solicitudes de axuda a partir de mañá día 2 de abril e que estará aberto ata o 31 de marzo de 2015 (ou que se comprometan os fondos dispoñibles antes desta data) AGADER outorgou ao GDR Mariñas-Betanzos fondos por importe de 1.919.146,44.-€ para as dúas anualidades 2014 e 2015 (862.260,91.-€ para a anualidade 2014 e 1.056.885,53.-€ para a anualidade 2015).

O importe dispoñible para esta convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolución de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

No seguinte enlace podedes descargar toda a información (réxime de axudas, formularios, baremación dos proxectos.....):

http://www.marinasbetanzos.org/index.php?option=com_content&view=article&id=19&Itemid=27&lang=gl

sin ttulo

Información adicional