PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO "BIOSFERA-EMPREGA"

  • imprimir

A Asociación Mariñas-Betanzos desenvolver este proxecto dende setembro de 2014 a maio de 2015.(Subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar).

Como obxectivo ten a formación teórica/práctica, así como a promoción da integración laboral das persoas participantes, nos seguintes tres itinerarios de traballo:

Itinerario I: Formacióne integración laboral no ámbito da produción hortofrutícola ecolóxica.

Itinerario II: Formación e integración laboral no ámbito da agroindustria e elaboración artesá de transformados.

Itinerario III: Formación e integración laboral no marco do Emprendemento Verde, con especial atención á utilización da biomasa como fonte enerxética, á bioconstrución e ao reemprego de Resíduos Sólidos Urbanos.

Colectivos ós que vai dirixido o programa:

  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 30 anos con baixa cualificación
  • Menores de 30 anos
  • Mulleres
  • Persoas desempregadas de longa duración
  • Persoas inmigrantes.

Para máis información:

As Mariñas-Betanzos 981 669 541(Diego Miranda)

Concello de Aranga: 981 793 551(Pilar)