CAMPAÑA DOMICILIARIA DE SEPARACIÓN DE RESIDUOS DOMÉSTICOS

  • imprimir

No mes de setembro tivo lugar unha campaña domiciliaria para concienciar aos veciños do concello da necesidade da correcta separación dos residuos domésticos.

Para a realización deste proxecto contouse cunha axuda da Deputación da Coruña para contratar a persoa encargada de realizar as visitas aos domicilios da veciñanza.

capaadomiciliologo-azul-horizontal

Anteriormente realizouse unha campaña informativa conxunta cos Concellos de Irixoa e Vilarmaior, denominada “ Se reciclas aforras”.

Este proxecto é unha continuidade do anterior, co que se pretende que os veciños teñan en conta que se debe facer unha xestión máis sostible dos residuos, que os distintos residuos deben depositarse cada un no contedor adecuado, e no caso de ter dúbidas informarse nas oficinas municipais.

Na fotografía a persoa encargada de realizar a campaña, Vanessa Deibe Maroño, entrégalle ao alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, a documentación que contén a información recollida na campaña.