PROMOCIÓN DO COMERCIO NO CONCELLO DE ARANGA

  • imprimir

O sábado pasado tiveron lugar as xornadas de promoción do comercio de produtos hortícolas, silvestres e elaborados na casa, en colaboración coa Deputación da Coruña e impartidas por Carmen Freire, persoa que coñece profundamente esta actividade e que achegou os seus coñecementos dunha maneira clara e concisa.

teora

 

O contidos destas xornadas estiveron centrados na promoción da incorporación de labregos as asociacións de produtores que existen na contorna. Así como o estudo das especies, plantacións e distintos aproveitamentos que podemos facer dos recursos que posuímos.

A crecente creación de grupos de consumo destes produtos fai que a demanda estea a dispararse e que sexa unha actividade con futuro no noso territorio.

En horario de tarde fixemos unha visita a Labrecos Labregos Ecolóxicos no Concello de Cesuras, que nos ensinaron a súa produción a descuberto e en invernadoiro, así como algunha outra adicada á crianza de porco celta e galiñas de razas autóctonas.

visitacesuras2

visitacesuras

Queremos agradecer a dispoñibilidade e amabilidade que nos mostraron, así como o entusiasmo que nos transmitiron, as ganas de recuperar actividades económicas ligadas ao rural, á calidade de vida que nos proporcionan as actividades vencelladas á terra e o seu coidado, que nos beneficia a todos indirectamente.