BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2012

O concello de Aranga contrata dous conductores para o vehículo motobomba dentro da campaña de prevención e defensa contra incendios forestais, mediante o concurso de méritos.

Prazo de presentación de instancias: ata o día 12 de xullo, as trece horas.

Lugar de presentación de instancias: no Rexistro Municipal, no modelo que lles será facilitado nas oficinas.

As bases que rexerán a selección poderán examinarse na Secretaría Municipal e na páxina web do concello: www. aranga.es.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Aranga, 6 de xullo de 2012

O alcalde:

Asdo.: Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2012 NESTE CONCELLO DE ARANGA, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS.-

1º.-OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal de dous condutores para o vehículo motobomba municipal, durante o tempo que se sinale no convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e este concello dde Aranga para a participación na prevención e defensa conta incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba durante a campaña do ano 2012, que comenza o día 15 de xullo de 2012 e rematará o 31 de outubro de 2012.

Polo tanto, a contratación do persoal e a duración do contrato depende, exclusivamente, do dito convenio.

2º.-CONDICIÓN DO CONTRATO.- A modalidade do contrato será de obra ou servizo determinado, cunha duración de tres meses e medio ou o prazo de duración que sinale o convenio subscrito coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

As retribucións brutas mensuais fíxanse en 927,04 €, máis a prorrata mensual do pagamento extra( as mesmas que o ano anterior, polo principio de conxelación de salarios)

3º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Para poder participar no presente concurso de méritos, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español ou cidadán comunitario sen prexuízo do establecido no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter 18 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de instancias e menos de 70.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos, acreditado mediante certificado médico.Son excluíntes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, trastornos psicolóxicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermedades infecciosas ou obesidade. Nas mulleres será causa excluínte o embarazo. Son igualmente causas de exclusión a ceguera e a sordera.

d) Non atoparse incurso en causas de incompatiblidade ou incapacidade, establecidas na lexislación vixente.

e) Estar inscrito nas oficinas do INEM.

f) Estar en posesión do carné de conducir que habilite a condución da motobomba.

4º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.- As instancias, nas que se acreditará que se reúnen as condicións esixidas na base terceira, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo de sete días naturais, dende a inserción do correspondente anuncio no diario La voz de Galicia.

Ás instancias xuntaráselles, ademais da copia do DNI, unha relación dos méritos que se aleguen, acompañados da súa documentación acreditativa, en orixinal o fotocopia compulsada.

5º.- SELECCIÓN.- A selección realizarase valorando os seguientes méritos:

- Experiencia profesional en traballos de extinción de incendios: valorarase ata 4 puntos, establecéndose 0.5 puntos por cada mes de traballo.

- Coñocemento do Concello: valorarase ata 2 puntos. Este requisito poderase acreditar coa presentación do certificado de empadroamento.

- Ter superadas as probas de aptitude física da Xunta de Galicia que acreditan a capacidade para traballar na extincción de incendios: valorarase ata 2 puntos.

- Entrevista persoal: valorarase ata 2 puntos e realizarase, no caso de ser necesaria, entre os concursantes que obteñan maior puntuación.

6º.- COMISIÓN DE VALORACIÓN.- Estará constituído por:

- Presidente: Funcionario da Corporación.

- Secretaria: a da Corporación ou funcionario que legalmente a substitúa.

- Vogais: serán dous desinados pola alcaldía, funcionarios ou persoal laboral fixo que desempeñe postos de traballo relacionados con obxecto da contratación.

7º.- NOMEAMENTO.- O interesado disporá de dous días hábiles, desde a proposta de nomeamento para presentar na Secetaría a documentación que acredite o cumprimento das condicións da base terceira.

O Alcalde realizará a designación definitiva, procedendo á formalización do contrato no prazo de cinco días desde a data de notificación.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen destas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aranga, 28 de xuño de 2012

O ALCALDE:

Asdo./ Alberto Platas Álvarez

Información adicional