OBRADOIRO DE XARDINERIA

 

Tense concedida unha axuda da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, ós Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Coa finalidade de realizar un obradoiro de emprego dirixido a desempregados maiores de 25 anos, na especialidade de xardinería, sendo o obxectivo final formar a 20 alumnos-traballadores durante 6 meses.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden indicalo na Oficina de Emprego de Betanzos inscribíndose no código 340.