PROXECTO RURAL-EMPREGA


O Programa Rural-Emprega está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

DURACIÓN DO PROGRAMA

A duración do Programa Rural-Emprega será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembrod e 2012 e rematará en Xuño de 2013.

COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO

Este Programa vai dirixido aos seguintes colectivos dos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

    Persoas desempregadas.
    Mozos e mulleres.
    Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
    Persoas inmigrantes.
    Persoas con discapacidade.

QUE SE PRETENDE CON ESTE PROGRAMA?

O Programa Rural-Emprega pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN HORTÍCOLA e de AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS (marmeladas, conservas vexetais, sidra, viño) ECOLÓXICOS, con clases teóricas presenciais entre os meses de decembro e febreiro. Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos nosos 18 concellos.

Ademáis tamén haberá outra especialidade deste Programa, que será COWORKING E INICIATIVA EMPRENDEDORA, dirixida a 30 participantes que traballarán na xeración de iniciativas de emprego sostibles e que contarán con formación e apoio para o desenvolvemento dos plans de empresa.

QUERES PARTICIPAR NO PROGRAMA RURAL-EMPREGA?
Si estás interesado en participar no Programa "Rural-Emprega":

    Enviar por correo-e (info@marinasbetanzos), ao Fax 981 673 574 FICHA (http://proxectoruralemprega.blogspot.com.es/) debidamente cuberta; tamén a podes achegar á sede da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (Edificio antiga Cámara Agraria. San Marcos, s/n. 15318 Abegondo).
    Dirixirse á Oficina de Emprego de Betanzos (no caso de corresponderlle) e solicitar a inscrición na casilla 930 (interesado en participar nun Programa Integrado para o Emprego).
    Poñerse en contacto coa Asociación Mariñas-Betanzos (tlf. 981 669 541), para indicar a súa alta na casilla 930.

Información adicional