CONECTA CO EMPREGO DENDE O TEU CONCELLO

RedeXiana2 é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida pola Deputación da Coruña e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego.

Denominación continuadora que dota de estabilidade á rede de traballo técnico constituído durante os últimos tres anos. Neste senso, o traballo en rede resulta fundamental para o desenvolvemento de políticas adaptadas ás necesidades do medio rural e centradas na atención á poboación en situación de desemprego, co obxecto de incrementar as súas posibilidades de inserción laboral e mellorar a súa calidade de vida.

 Persoas beneficiarias: O proxecto vai dirixido a persoas desempregadas da provincia.

(O Concello de Aranga pertence á zona 4 que inclúe a: Aranga, Cesuras, Coirós , Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne.)

 Prazo de inscrición: do 15/04/2013 ó 03/05/2013


 Documentación que se debe achegar para xuntar á solicitude:

  • Fotocopia do DNI ou NIE.
  • Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada
  • Certificado ou Volante de Empadroamento
  • Informe de vida laboral actualizado (emitido alomenos no que se realice a inscrición)
  • Copia da titulación que acredite a posesión da formación académica ou compencias clave adquiridas
  • Copia da titulación que acredite a participación noutros cursos de formación
  • No caso de poseer experiencia profesional, deberá presentar documentación que o acredite.

Situación especial:

    • Inmigrante non comunitario- Tarxeta de residencia vixente con autorización para traballar
    • Emigrante retornado/a.-Baixa consular vixente (2 anos dende a súa emisión), expedida pola Oficina Consular española na que estivese inscrito/a.
    • Minoría etnica.-Informe de Servizos Sociais Municipai
    • Discapacitado/a.- Certificado de minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente
    • Responsable de persoas dependentes.- Informe de Servizos Sociais Municipais e Certificado de convivencia
    • Problemáticas sociofamiliares.- Informe de Servizos Sociais Municipais.
    • Persoa que volve ao mercado laboral.- Informe de Vida Laboral e Informe dos Servizos Sociais.
    • Perceptor/a de RISGA.- Resolución de concesión da axuda.
    • Primeiro Emprego.-Informe de Vida Laboral.

 

 

ACCIÓNS FORMATIVAS

 

 

Liñas de actuación:

 

-Itinerarios formativos: ferramenta de intervención social que permite a realización dun proceso personalizado de orientación-formación-inserción acompañado no tempo.

Preténdese facilitar o conxunto de competencias personais e profesionais que poderán ser adquiridas tanto mediante formación modular ou por unidades de competencia así como a través da experiencia laboral.

-Experiencia e práctica profesional:Os itineriaos formativos van tamán acompañadas de prácticas profesionais en empresa.

-Apoio á inserción: Titorías de seguimento e apoio personal, accións de avaliación e seguimento individual, oferta formativa de accións que capacitan para o desempeño de actividades empresariais e por conta propia.

cadroxiana

TELÉFONO DE CONTACTO: 981 793 551(preguntar por Pilar)

escudos1

Información adicional