Resolución definitica conductor de motobomba concello de Aranga

Logo de incoar o expediente para contratar dous conductores do vehículo motobomba municipal para os traballos de prevención e extinción de incendios forestais durante a campaña do ano 2014 , neste Concello de Aranga, de conformidade coas bases aprobadas o día de 30 de xuño de 2014.

Logo de examiar o expediente, e vista a proposta efectuada polo tribunal que se constitue para a selección do dito persoal.

Considerando que os dous solicitantes propostos reúnen os requisitos necesarios para ocupar os postos ofertados.

RESOLVO:

1º.- Nomear como conductores do vehículo motobomba para a campaña de prevención e extinción de incendios forestais 2014 a D.Pablo Pérez Morado co DNI nº 32700480T e D.Adonis Francisco Freire Vázquez co DNI nº 53169346Q .

2º.- Notificarlles a presente Resolución aos aspirantes nomeados a fin de que se proceda a formalizar o oportuno contrato, comenzando a prestación dos seus servizos o día 16 de xullo de 2014 e ata o día 30 de outubro do mesmo ano, salvo que a Xunta de Galicia propusese unha duración distinta do convenio subscrito ao efecto, en virtude do cal se financian estos postos de traballo.

3º.- Darlle conta da presente Resolución ao Pleno Municipal, na primeira sesión ordinaria que se realice.

4º.- Contra a presente Resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992 ,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente un recurso contencioso- administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

Aranga, a dez de xullo de 2014

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez