PEL-EMPRENDE, Plan de Emprego Local convocado pola Deputación da Coruña

peldeputacion2

Información de interese para emprendedores:

A Deputación da Coruña vén de publicar a convocatoria das axudas para o fomento da iniciativa empresarial entre xóvenes emprendedores da provincia, incluídas no Plan de Emprego Local 2016-2019.

Estas axúdas enmárcanse na Liña 2 PEL- EMPRENDE do Plan de Emprego Local, e con elas a a entidade provincial quere apoiar a creación de empresas no ámbito local e contribuír a dinamizar a actividade empresarial na provincia e fortalecer o tecido produtivo a nivel local.

As axudas van dirixidas a mozos e mozas de entre 25 e 35 anos empadroados en concellos da provincia que promovan iniciativas empresariais de nova creación no ámbito provincial, tanto persoas físicas coma xurídicas.

A finalidade da subvención consiste en apoiar aos promotores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos ao investimento en bens inventariables necesarios para a realización da súa actividade empresarial.

As axudas cubrirán investimentos de ata 40.000 euros (excluído o IVE), dos cales o cincuenta por cento como máximo poderá ser subvencionado pola Deputación. Os gastos subvencionables son os relacionados con aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe necesario para a realización da actividade, mobiliario e equipos para o proceso de información.

Un dos requisitos a respecto dos investimentos, é que ha de tratarse de investimentos en elementos novos, directamente relacionados coa actividade, non cedidos a terceiros, con ou sen contraprestación e que non foran fabricados pola empresa solicitante.

Na valoración das solicitudes, teranse en conta entre outros aspectos, o carácter innovador da empresa, o sector profesional, dando relevancia a aquelas que desenvolvan a súa actividade no ámbito do medio ambiente, as enerxías renovables e a empresas con base tecnolóxica, así como aquelas que apliquen medidas de responsabilidade social empresarial

As bases da subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 10 de 16 de xaneiro de 2017) premendo na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/01/16/2017_0000000231.pdf

O prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás axudas remata o 3 de marzo de 2017.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/01/26/2017_0000000485.pdf

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña, www.dacoruna.gal

Información adicional