obradoiro de emprego 2018

imagesarangaescudo do concello

Os concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior vai iniciar os trámites para a realización do obradoiro de emprego "Actividades de Conservación e Mellora Forestal"

Código: AGAR0309

Familia profesional: Agraria

Área profesional: Forestal

Nivel de cualificación profesional: 1

Contará con 20 alumnos-traballadores, e un equipo directivo, docente e de apoio composto por 6 persoas.

O Obradoiro é un programa mixto de formación e emprego, polo que contará cunha parte teórica e outra práctica, dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.
Os alumnos-traballadores asinarán un contrato para a formación e aprendizaxe e recibirán unha retribución pola súa participación no obradoiro.

Para participar no proceso de selección para o obradoiro deberán acudir á oficina de emprego de Betanzos e solicitar a inscrición no código 340.

As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente e de apoio deben actualizar o seu Curriculum na oficina de emprego.

A duración deste obradoiro é de 9 meses.

Máis información no Concello de Aranga 981 793 551

Información adicional