APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A CAMPAÑA 2015
APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN DE DOUS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A CAMPAÑA 2015.
Na na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á convocatoria para a contratación laboral temporal de dous condutores do vehículo motobomba municipal durante o prazo de tres meses e medio, segundo convenio subscrito coa Consellería de Medio Rural e do Mar.
Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coas bases da convocatoria,
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a contratación , que é a seguinte:
ADMITIDOS :
- Miguel Rodríguez López
- Benigno Vázquez Moscoso
- José Angel Pérez Zas
EXCLUÍDOS:
-Ningún.
SEGUNDO.- A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial a efectos da presentación de reclamacións no prazo de de tres días hábiles dende a súa insercción. No caso de non presentarse ningunha quedará elevada automáticamente a definitiva.
TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúna os requisitos exisidos na convocatoria , que deberán acreditarse con posterioridade .
CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:
PRESIDENTE: TITULAR: Jose Vázquez Santé
SECRETARIO TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
O secretario/a do tribunal actuará con voz pero sen voto.
VOCAIS:- TITULARES: Francisco Couceiro Faraldo
Ramiro Cal López
SUPLENTES: María Salomé Fernández Vázquez
A publicación da presente resolución na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídido das administracións públicas e procedemento administrativo común, quedando citados, para a realización da proba que acredite o seu coñecemento da materia e no seu caso o coñecemento do termo municipal o vindeiro luns as once horas, na sala de sesións da casa consistorial , día no que se reunirá a comisión seleccionadora .
Aranga, 10 de xullo de 2015
O alcalde :
Asdo.:Alberto Platas Álvarez
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN
ANUNCIO.-
A Xunta de Goberno local na sesión do 11 de maio de 2015, acordou proceder a contratación de un peón e un oficial de segunda para levar a cabo obras e servizos mínimos durante tres meses, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación Provincial para o financiamento de cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais nos concellos de menos de 20.000 habitantes , durante o ano 2015.
A preselección realizaráse por concurso de méritos, previa remisión da oferta ao Servizo Galego de Colocación, conforme as seguintes bases:
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN, PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE ARANGA , EN VIRTUDE DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA (2015).
Ler máis:BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN
BASES PARA A SELECCIÓN PARA A POSTERIOR CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS FORESTAIS
ANUNCIO.-
A Xunta de Goberno local na sesión do 11 de maio de 2015, acordou proceder a preselección de dous peóns forestais que leven a cabo pequenas obras e servizos medioambientais, ao abeiro da subvención outorgada aos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior dentro do Fondo de Compensación Ambiental 2015.
O concello encargado da contratación é o concello de Irixoa, previa preselección de dous traballadores en cada un dos concellos.
A preselección realizaráse por concurso de méritos, previa remisión da oferta ao Servizo Galego de Colocación, conforme as seguintes bases:
BASES PARA A SELECCIÓN PARA A POSTERIOR CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS FORESTAIS PARA A COMPOSICIÓN DA BRIGADA MEDIOAMBIENTAL INTERMUNICIPAL (FCA 2015), EN VIRTUDE DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
Corrección erros do anuncio "resolución para a contratación laboral temporal de dous peóns"
Detectado erro no anuncio insertado na páxina web do concello o día 27 de abril de 2015 , relativo aos resultados das valoracións no concurso de méritos convocado para a selección de dous peóns que leven a cabo a limpeza de pistas e espazos públicos, procédese a súa corrección.
A modificación supón alterar exclusivamente o orde de colocación dos dous primeiros candidatos , que quedaría do seguinte xeito:
CANDIDATOS |
Méritos |
Entrevista |
Total |
Antonio Garcia Agrelo |
10,5 |
2 |
12,5 |
Jose Manuel Prieto Prieto |
8,8 |
3 |
11,8 |
O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que manten a súa validez a Resolución posterior de nomeamento dos dous aspirantes e a súa contratación.
Aranga, 4 de maio de 2015
A secretaria:
Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
RESOLUCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS
Por medio do presente ponse en coñecemento dos interesados que por resolución da alcaldía do día de hoxe, acordouse:
"1º.- Contratar laboralmente , de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas mediante acordo da Xunta de goberno Local do 1 de abril de 2015, a D. Jose Manuel Prieto Prieto e D. Antonio García Agrelo como peóns de obras para limpeza de pistas municipais e lugares públicos, dende o día 4 de maio de 2015 e durante o prazo de tres meses.
2º.- Notificarlle a presente Resolución aos aspirantes nomeados co fin de que se formalice o oportuno contrato.
3º.- A incorporación ao posto de traballo realizaráse mediante a formalización do oportuno contrato e se desenvolverá en xornada de seis horas diarias, de luns a venres, dende as 08:30 ata as 14:30 horas.
4º.- Dar conta da presente Resolución así como do expediente de referencia ao Pleno Municipal, na primeira sesión que se realice."
O que se lles notifica, facendo constar que contra a presente poderá interpoñer recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses dende a súa recepción ou potestativamente, con carácter previo, recurso de reposición no prazo dun mes dende o seguinte á recepción da presente notificación.
Aranga, 29 de abril de 2015
A secretaria:
Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga