RESOLUCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS

                Por medio do presente ponse en coñecemento dos interesados que  por resolución  da alcaldía do día de hoxe,  acordouse:

"1º.- Contratar laboralmente  , de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas mediante acordo da Xunta de goberno Local do 1 de abril de 2015,  a D. Jose Manuel Prieto Prieto e D. Antonio García Agrelo  como peóns de obras para limpeza de pistas municipais e lugares públicos, dende o día 4 de maio de 2015 e durante o prazo de tres meses.

2º.- Notificarlle a presente Resolución aos aspirantes  nomeados  co fin de que se formalice o oportuno contrato.

3º.- A incorporación ao posto de traballo realizaráse mediante a formalización do oportuno contrato e se desenvolverá en xornada de seis horas diarias, de luns a venres, dende as  08:30 ata as 14:30 horas.

4º.-  Dar conta da  presente Resolución así como do expediente de referencia ao Pleno Municipal, na primeira  sesión que se realice."

O que se lles notifica, facendo constar que contra a presente poderá  interpoñer recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses dende a súa recepción ou potestativamente, con carácter previo, recurso de reposición no prazo dun mes dende o seguinte á recepción da presente notificación.

Aranga, 29 de abril de 2015

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

  

puntuación do concruso de méritos para a selección de dous peóns

concursomeritospeonabril

RESOLUCION DE ELABORACIÓN DE UNHA lista de aspirantes para ser contratados/as como auxiliares do servizo de axuda a domicilio no concello de Aranga

                     Logo de incoar o expediente para  a elaboración dunha bolsa de aspirantes para a contratación laboral temporal de auxuliares  do servizo de axuda a domicilio, neste concello de Aranga.

De conformidad co   artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o artigo 41.14 do  Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e de conformidade coa proposta do Tribunal,

R E S O L V O :

1º.- Aprobar  o seguinte orde para a integración da lista de aspirantes para ser contratados como auxiliares do servizo de axuda a domicilio no concello de Aranga, segundo a puntuación obtida:

1.- Maria Eva Martínez Amenedo:  21,50 puntos.

2.- Julia Brañas Paredes  : 17,40 puntos

3.- Lucía Amenedo Freire  : 11,50 puntos

4.- Ana Boubeta García  : 11:40 puntos

5.- Maria Jose Seoane Bravo  : 10,10 puntos

6.- Ana Isabel Varela Pazos  : 5,70 puntos

7.- Carmen García Castro :5,40 puntos

8.- Begoña Yañez Pérez  : 0,6 puntos

 

2º.- A presente lista publicaráse no Taboleiro de Edictos da Casa Consistorial e na páxina web do concello a efectos da súa notificación aos participantes.

3º.- Contra a presente Resolución poderá  interpoñerse recurso contencioso-administrativo , sen prexuicio do recurso potestativo de reposición.

4º.- Producida calquera das situacións especificada na base primeira  procederáse ao chamamento da persoa  a quen corresponda, segundo o orde a lista. Se o aspirante chamado  reununciase ou non se presentase  ao posto perderá os seus dereitos, salvo caso de forza maior. Os integrantes non perderán a orde de prelación ata a confección de nova lista.

Mándoo e asínoo en Aranga, a vinte e  catro de abril de dous mil quince.

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

APROBACIÓN LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS

Téndose recibido novas instancias para participar na convocatoria de contratación de dous peóns para a limpeza de vías municipais e lugares públicos no concello de Aranga, procédese á modificación da Resolución do día 21 de abril de 2014, que queda redactada como sigue:

Ler máis:APROBACIÓN LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS QUE LEVEN A CABO A LIMPEZA DE VÍAS MUNICIPAIS E DE LUGARES PÚBLICOS NO CONCELLO DE ARANGA.-

ANUNCIO.-

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E   DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN  DE DOUS PEÓNS QUE LEVEN A CABO A LIMPEZA DE VÍAS MUNICIPAIS E DE LUGARES PÚBLICOS NO CONCELLO DE ARANGA.-

No  Boletín Oficial de la Provincia ,  na páxina web do concello  e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á  convocatoria para a contratación laboral temporal de dous péons que leven a cabo, durante tres meses, a limpeza das vías municipais e de lugares públcios.

Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coabase novena da convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a  contratación ,  que é a seguinte:

ADMITIDOS :

- Jose Negueira López

- Miguel Touriño Soler

- Antonio García Agrelo

- Ruben Viñas Mayo

- Francisco Javier Iglesias Suárez

- Pedro Pérez Cachaza

-Jose Manuel Prieto Prieto

-Juan Cartemil Santamariña

EXCLUÍDOS:

-Ningún.

SEGUNDO.-  A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial a efectos da presentación de reclamacións no prazo de  de dous días hábiles dende a súa insercción. No caso de non presentarse ningunha quedará elevada automáticamente a definitiva.

TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na   lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúna os requisitos exisidos na convocatoria , que deberán acreditarse con posterioridade .

CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:

PRESIDENTE: TITULAR: Elisa Daponte Cores

SECRETARIO  TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

SUPLENTE: María  Díaz Cano

O secretario/a do tribunal actuará con voz pero sen voto.

VOCAIS:- TITULARES: Francisco Couceiro Faraldo

Ramòn Cal López

Jose  Vázquez Santé

SUPLENTES:      María Salomé Fernández Vázquez

A publicación da presente resolución na páxina web do concello e  no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992,  de 26 de novembro, de réxime xurídido das administracións públicas e procedemento administrativo común, quedando citados, aqueles que o teñan solicitado, para a realización da proba que acredite o seu coñecemento do termo municipal o vindeiro venres  as once horas, na sala de sesións da casa consistorial    , día no que se reunirá a comisión seleccionadora para a valoración dos méritos.

A continuación terá lugar , se o considera pertinente  o Tribunal, a realización da entrevista para acreditar os coñecementos que se pousean .

Aranga, 21   de  abril de 2015

O alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

Información adicional