LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E   DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN  DOS INTEGRANTES DA BOLSA PARA A PROVISIÓN , MEDIANTE A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL , DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E   DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A SELECCIÓN  DOS INTEGRANTES DA BOLSA PARA A PROVISIÓN , MEDIANTE A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL , DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DESTE CONCELLO DE ARANGA.-

No  Boletín Oficial de la Provincia ,  na páxina web do concello  e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á  convocatoria para a elaboración dunha lista de aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio.

Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coabase novena da convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a elaboración dunha lista de aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio,  que é a seguinte:

ADMITIDOS :

- Ana Isabel Varela Pazos

- Maria Eva Martínez Amenedo

- Begoña Yañez Pérez

- Lucía Amenedo Freire

-Carmen García Castro

-Julia Brañas Paredes

-Ana Boubeta García

- María Jose Seoane Bravo

EXCLUÍDOS:

-Ningún.

SEGUNDO.-  A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial a efectos da presentación de reclamacións no prazo de  de dous días hábiles dende a súa insercción. No caso de non presentarse ningunha quedará elevada automáticamente a definitiva.

TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na   lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúna os requisitos exisidos na convocatoria , que deberán acreditarse con posterioridade .

CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:

PRESIDENTE: TITULAR: Elisa Daponte Cores

SECRETARIO  TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

SUPLENTE: María  Díaz Cano

O secretario/a do tribunal actuará con voz pero sen voto.

VOCAIS:- TITULARES: Francisco Couceiro Faraldo

Celia Rivas Sanmpedro

Jose  Vázquez Santé

SUPLENTES:      María Salomé Fernández Vázquez

A publicación da presente resolución na páxina web do concello e  no taboleiro de edictos da casa consistorial, ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recusar os membros do tribunal de conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992,  de 26 de novembro, de réxime xurídido das administracións públicas e procedemento administrativo común, quedando citados, aqueles que o teñan solicitado, para a realización da proba que acredite o seu coñecemento do termo municipal o vindeiro mércores as once horas, na sala de sesións da casa consistorial    , día no que se reunirá a comisión seleccionadora para a valoración dos méritos.

Aranga, 17 de abril de 2015

O alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a contratación laboral temporal de dous peóns que leven a cabo a limpeza de vías públicas e lugares públicos,durante o prazo de tres meses e en xornada reducida.

O prazo de presentación de instancias é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .

            Aranga, 1 de abril de 2015

            O Alcalde :

            Asdo.Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS QUE LEVEN A CABO A LIMPEZA DE VIAS MUNICPAIS E DE LUGARES PÚBLICOS   NO CONCELLO DE ARANGA.-

 

 

Base 1ª- Obxecto.

 

O obxecto da presente convocatoria é a selección polo sistema de concurso de méritos de dous peóns para a súa contratación como persoal laboral temporal en xornada reducida, para levar a cabo tarefas de limpeza de vías públicas e lugares públicos.

Base 2ª.- Tipo de contrato.

O tipo de contrato de duración determinada, será o que resulte adecuado por aplicación da normativa vixente e segundo as necesidades do servizo , tendo en conta que a súa duración será de tres meses.

Base 3ª.-Xornada laboral.

 

A xornada de traballo completa será de 30 horas semanais semanais de luns a venres.

Base 4ª.- Retribucións.

As restribucións brutas a percibir cada un dos traballadores seleccionados serán 649,50 € de base, aos que se engadiran 108,25 € en concepto de parte proporcional da extra, es decir, un importe bruto total de 757,75 € sen prexuicio das vacacións e indemnizacións por fin do contrato.

Base 5º.- Funcións.

As funcións que se realizarán como peóns de obras do concello de Aranga serán os de arranxo e limpeza das pistas municipais e de outros lugares púbicos ( prazas, fontes, parques, áreas recreativas...) , que se teñen visto afectadas polas inclemencias metereolóxicas.

 

 

Base 6ª.- Requisitos.

Para participar no proceso de selección, as/os   aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos , referidos á data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estadosl.

b) Ter cumpridos 16 anos,e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c)Non padecer enfermidade ou defecto físico que ipmida o desempeño das correspondetnes funcións.

d)No ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e)Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas que determine a lexislación vixente.

f)Estar en posesión do Certificado de escolaridade , titulación equivalente ou superior.

 

Base 7ª. - Dereitos de inscripción.

Para o presente caso non se exisen dereitos de inscripción.

Base 8ª.- Presentación de solicitudes.

As instancias para solicitar a participación no proceso selectivo,   nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base 6ª da convocatoria, dirixiránse ao Sr.Alcalde do concello de Aranga, no modelo que figura como Anexo I desta convocatoria e ira acompañada:

                        - da copia cotexada do DNI

                        - Relación de méritos alegados unindo os documentos xustificativos destes ( en orixinal ou copia compulsada).

Non se valorarán aqueles méritos que non queden debidamente acreditados na forma establecida.

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do concello de Aranga durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o día seguinte á insercción desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.Poderáse igualmente remitir a solicitude na forma determinada no artigo 38.4 da lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das

administracións públicas e procedemento administrativo común ( se se presenta por correos debe aparecer o selo de correos na solicitude).

Base 9ª.- Admisión de aspirantes.

 

A relación de admitidos e excluídos aprobaráse por Resolucion da Alcaldía e publicaráse no Taboleiro de anuncios da Casa consistorial e na páxina Web do concello , o terceiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de instancias. Na mesma resolución indicaráse a composición da Comisión de selección e o día e hora en que terá lugar a selección.

A lista poderá ser obxecto de reclamación ante a alcaldía no prazo de tres días hábiles que seran resoltas nos dous días hábiles seguintes, publicándose , no seu caso, listas definitivas no Taboleiro de edictos da casa consistorial.

Base 10ª.- Comisión de selección.

            A Comisión de selección para a selección deste persoal , titulares e suplentes,   estará composta, de conformidade co artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, polo Presidente, secretario e tres vocais desinados pola Alcaldía.

A súa desinación farase na Resolución da alcaldía que aprobe a lista de admitidos, que fixará a data e hora da súa constitución.

A efectos de percepción de asistencias o Tribunal terá a categoría terceira das sinaladas no Real Decreto 462/2002 do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Base 11ª.- Criterios de selección.

            Os aspirantes alegarán os seus méritos e unirán á solicitude os documentos que os acrediten, que se valorarán do seguinte xeito:

            11.1.- Polo coñecemento do termo municipal, poderánse conceder tres puntos. Entendése que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antigüedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidana acreditar o coñecemento do termo municipal na forma indicada, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará ata tres puntos.

            Acreditaráse mediante certificado de empadroamento ou mediante a realización das probas que realice o órgano de selección .

            11.2.- Pola experiencia profesional, ata un máximo de sete puntos : por servizos prestados en postos de igual categoría ou natureza, segundo o seguinte baremo:

                                   - 0,20 puntos por cada mes completo de traballo na administración pública.

                                   - 0, 10 puntos por cada mes completo de traballo na empresa privada.

A experiencia profesional acreditaráse , cando se trate de servizos prestados nunha administración pública, mediante certificado de servizos expedido polo funcionario competente u órgano de xestión de persoal. Se se trata de experiencia en empresa privada acreditaráse mediante informe de vida laboral expedido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social, acompañada de certificados de empresa ou dos contratos de traballo cun documento aclaratorio no caso de que non especifique o seu obxecto con claridade, e as súas prórrogas.

            11.3.- Por cursos de formación relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desempeñar e impartidos por una Administración Pública, Universidade, centros públicos ou concertados e organismos oficiais e que non sexan requisito exisido na base 6ª , se concederán ata 2 puntos , valorándose:

                        - Cursos de máis de10 horas e menos de 50 horas: 0,20 puntos.

                        - Cursos de máis de50 horas e ata 100 horas : 0,50 puntos.

                        - Cursos de máis de 100 horas : 1 punto.

            Os cursos xustificaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados, documentos ou títulos acreditativos .

            11.4.- Por coñecemento acreditado do idioma galego( só se valora o de grao superior):

                        - Curso de iniciación ou Celga 3 : 0,5 puntos.

                        - Curso de perfeccionamento ou Celga 4 : 1 punto.

            Só se valorarán os cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

            11.5.Por estar en posesión do carnet de conducir clase C : 2 puntos

            11.6.Por circunstancias persoais : se valorarán , ata un máximo de 1,5 puntos, as seguintes circunstancias persoais, outorgando 0,5 puntos por cada unha das circunstancias acreditadas:

                        - persoas desempregadas que esgotasen as prestacións ou subsididos por desemprego.

                        - persoas en paro de longa duración

                        - demandantes do primeiro emprego

                        - mulleres/homes vítimas de violencia de xénero

                        - ter conxúge sen ingresos.

                        - ter fillas/os menores de 26 anos sen ingresos

                        As tres primeiras circunstancias acreditaránse mediante certificado do INEM. As mulleres vítimas da violencia de xénero mediante cualquera das formas previstas no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo( DOGA 152 do 7 de agosto de 2007).Nos dous últimos casos acreditase mediante acreditación da situación de desemprego e o cobro ou non de prestacións do conxúge ou dos fillos, mediante certificado do INEM da situacion de desemprego e do

cobro das prestación. Se non estan inscritos como demandantes de emprego, mediante declaración xurada da non percepción de ingresos.

            No se admitirán copias nin fotocopias simples e non se admitirán os méritos que non se alegen ou que non esten documentalmente acreditados.

            O órgano de contratación poderá acordar a realización de entrevistas que estime conveniente,valorándose, neste caso, ata un máximo de tres puntos.

Base 12ª.- Selección.

            O órgano de selección reuniráse á hora que determine o Sr.alcalde e que previamente se avisará no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello, a efectos de levar a cabo a selección.

            O órgano de selección levará a cabo a selección, mediante a valoración dos méritos, propoñendo á Alcaldía, unha listaxe de aspirantes, polo orde de puntuación obtida. Poderá deixarse deserta a convocatoria se se considera procedente. En caso de empates poderá realizarse unha entrevista persoal que se valorará de cero a tres puntos , resolvendo o empate a favor do que obteña maior puntuación. No caso de de persistir, o órgano de selcción realizará sorteo.

            Elaborada a lista , a comisión de selección a publicará no Tablón de anuncios da Casa consistorial e na páxina web , a efectos da súa notificación aos participantes. Contra a resolución aprobatoria da lista, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo .

            A Comisión de seleccíon elevará proposta de contratación a favor das dúas persoas que obtiveran maior puntuación.

            A lista permanecerá en vigor até que finalice o contrato, de xeito que producida renuncia, vacante ou calquera situación de incapacidade temporal dun dos traballadores, procederáse a contratar ao seguinte da lista.

Base 13\.- Incorporación e cese.

 

            O nomeamento e o cese realizaráse de conformidade coa lexislación vixente. As persoas propostas, presentarán no prazo de tres días dende a publicación da lista, os documentos acreditativos de que reúnen todos e cada un dos requisitos da base sexta ( salvo que xa a tivese aportada). Deberá presentar:

                        -Declaración xurada de non estar separada mediante expediente disciplinario , de ningunha administración pública, nin inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

                        - Declaración xurada de non encontrarse incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

                        - Certificado médico de non padecer enfermedade ou limitación incompatible co desenvolvemento das funcións.

                        - Copia cotexada do título exisido.

                        Achegada a documentación será nomeado por Resolución da Alaldía, como persoal laboral temporal do concello de Aranga, debendo firmar o correspondente contrato e alta na seguridade social, pasando a incorporarse ao posto de traballo.

                        A presente convocatoria e os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/192 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

                        Aranga, 27 de marzo de 2015

            O Alcalde :                                                   A secretaria:

modelo solicitude pens-1

RESOLUCION DEFINITIVA SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS

Logo de incoar o expediente para a contratación laboral temporal dunha persoa do servizo de limpeza , durante o disfrute das vacacións regulamentarias do persoal do servizo, a efectos de continuar coa prestación dun servizo que se considera básico.

Considerando que durante o prazo de presentación de instancias outorgado ao efecto, solo se presentaron dúas instancias.

Ler máis:RESOLUCION DEFINITIVA SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS...

Resolución definitica conductor de motobomba concello de Aranga

Logo de incoar o expediente para contratar dous conductores do vehículo motobomba municipal para os traballos de prevención e extinción de incendios forestais durante a campaña do ano 2014 , neste Concello de Aranga, de conformidade coas bases aprobadas o día de 30 de xuño de 2014.

Logo de examiar o expediente, e vista a proposta efectuada polo tribunal que se constitue para a selección do dito persoal.

Considerando que os dous solicitantes propostos reúnen os requisitos necesarios para ocupar os postos ofertados.

Ler máis:Resolución definitica conductor de motobomba concello de Aranga

RESULTADO FINAL VALORACIÓN DE MÉRITOS ALEGADOS E ACREDITADOS POLOS ASPIRANTES ÁS DÚAS PRAZAS DE CONDUCTOR DO VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS 2014

 

NOME

MÉRITOS

ENTREVISTA

TOTAL

PABLO PÉREZ MORADO

7

2,94

9,94

ADONIS F.FREIRE VÁZQUEZ

6

2,89

8,89

FRANCISCO JUAN PEREZ HERMIDA

6

2,68

8,68

JULIO VARELA VAO

4,5

2,34

6,84

ROBERTO SÁNCHEZ RODRIGUEZ

0

2,56

2,56

Aranga, 10 de xullo de 2014

O SECRETARIO:

ASDO:JOSE VÁZQUEZ SANTÉ

 

BASES PARA A SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DURANTE AS VACACIÓNS REGULAMENTARIAS DO PERSOAL NESTE CONCELLO DE ARANGA

1.OBXECTO.- É obxecto da presente convocatoria á contratación laboral temporal, a tempo parcial, de un/a traballor/a par a prestación do servizo de limpeza dos edificios municipais : centros de saúde, casa consistorial, casa de cultura, centro de Toxiño e aula de informática, durante as vacacións regulamentarias das distintas traballadoras que prestan o servizo,dende o 14 de xullo e atra o 31 de agosto de 2014.

Ler máis:BASES PARA A SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS...

Información adicional