BASES PARA A SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DURANTE AS VACACIÓNS REGULAMENTARIAS DO PERSOAL NESTE CONCELLO DE ARANGA

1.OBXECTO.- É obxecto da presente convocatoria á contratación laboral temporal, a tempo parcial, de un/a traballor/a par a prestación do servizo de limpeza dos edificios municipais : centros de saúde, casa consistorial, casa de cultura, centro de Toxiño e aula de informática, durante as vacacións regulamentarias das distintas traballadoras que prestan o servizo,dende o 14 de xullo e atra o 31 de agosto de 2014.

Ler máis:BASES PARA A SELECCION LABORAL TEMPORAL DUN/A TRABALLOR/A PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DOS...

CONECTA CO EMPREGO DENDE O TEU CONCELLO

RedeXiana2 é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida pola Deputación da Coruña e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego.

Denominación continuadora que dota de estabilidade á rede de traballo técnico constituído durante os últimos tres anos. Neste senso, o traballo en rede resulta fundamental para o desenvolvemento de políticas adaptadas ás necesidades do medio rural e centradas na atención á poboación en situación de desemprego, co obxecto de incrementar as súas posibilidades de inserción laboral e mellorar a súa calidade de vida.

 Persoas beneficiarias: O proxecto vai dirixido a persoas desempregadas da provincia.

(O Concello de Aranga pertence á zona 4 que inclúe a: Aranga, Cesuras, Coirós , Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne.)

 Prazo de inscrición: do 15/04/2013 ó 03/05/2013


Ler máis:CONECTA CO EMPREGO DENDE O TEU CONCELLO

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca un procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, nas seguintes especialidades:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Confección e mantemento de artes e aparellos.
Servizos para o control de pragas.
Información xuvenil.
Socorrismo en instalacións acuáticas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais.

Ler máis:CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

PROXECTO RURAL-EMPREGA


O Programa Rural-Emprega está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

DURACIÓN DO PROGRAMA

A duración do Programa Rural-Emprega será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembrod e 2012 e rematará en Xuño de 2013.

COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO

Este Programa vai dirixido aos seguintes colectivos dos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

    Persoas desempregadas.
    Mozos e mulleres.
    Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
    Persoas inmigrantes.
    Persoas con discapacidade.

Ler máis:PROXECTO RURAL-EMPREGA

OBRADOIRO DE XARDINERIA

 

Tense concedida unha axuda da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, ós Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Coa finalidade de realizar un obradoiro de emprego dirixido a desempregados maiores de 25 anos, na especialidade de xardinería, sendo o obxectivo final formar a 20 alumnos-traballadores durante 6 meses.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden indicalo na Oficina de Emprego de Betanzos inscribíndose no código 340.

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2012

O concello de Aranga contrata dous conductores para o vehículo motobomba dentro da campaña de prevención e defensa contra incendios forestais, mediante o concurso de méritos.

Prazo de presentación de instancias: ata o día 12 de xullo, as trece horas.

Lugar de presentación de instancias: no Rexistro Municipal, no modelo que lles será facilitado nas oficinas.

As bases que rexerán a selección poderán examinarse na Secretaría Municipal e na páxina web do concello: www. aranga.es.

Ler máis:BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO...

Información adicional