BASES PARA ELABORACIÓN DUNHA LISTAXE DE ASPIRANTES A CONTRATACIÓNS PARA O POSTO DE PEÓN NO CONCELLO DE ARANGA

  • imprimir

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a elaboración dunha Lista de Aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal, de peóns, a efectos de cubrir necesidades temporais deste persoal.

O prazo de presentación de instancias é de oito días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .

Aranga, 27 de xullo de 2015

O Alcalde :

Asdo.Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A ELABORACIÓN DE LISTAXE DE ASPIRANTES PARA POSIBLES CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS DE PEÓNS NESTE CONCELLO DE ARANGA.-

BASE 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-

Estas bases teñen por obxecto regular o sistema de selección para a confección de Listaxe de aspirantes para a posterior formalización de contratos de duración determinada como persoal laboral temporal, mediante un procedemento áxil que respecte os principios de transparencia, igualdade, mérito , capacidade e publicidade, na categoría profesional de peón, para atender as necesidades de este tipo de persoal que teña o concello , para a realización de obras ou prestación de servizos .

Cubriránse os supostos de demanda de persoal para obras ou servizos financiadas con achegas finalistas e os supostos de substitución de persoal.

A cobertura dos postos de traballo realizaráse a través da lista na que figurarán as persoas que reúnan os requisitos da presente convocatoria, pola orde de prelación determinada segundo a puntuación obtida conforme ao baremo establecido nas presentes bases.

BASE 2ª.- TIPO DE CONTRATO.

O tipo de contrato que se realice será o adecuado en cada caso , segundo a normativa vixente e segundo as necesidades da obra o servizo( de obra ou servizo, interinidade, tempo determinado etc). A duración será a que se establezca para cada caso , ao igual que a xornada laboral.

BASE 3ª.-CARACTERISTICAS DA LISTAXE DE RESERVA.

Co resultado do proceso selectivo confeccionase unha listaxe de aspirantes que superaron o proceso, pola orde de puntuación obtida, procedéndose a contratación, en cada momento, de forma correlativa e decrecente, en función das necesidades que vaian surxindo.

Nos casos nos que se precise perfil profesional máis específico, a corporación poderá establecer un procedemento de selección diferenciado.

A listaxe confeccionada permanecerá en vigor ata que se acorde a súa renovación ou ate que se celebren outrs probas selectivas específicas.

BASE 4ª.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO.

As funcións dos postos versarán sobre a realización de funcións e tarefas que lle son propias,dirixidas ao mantemento de edificios, inmobles, instalacións, vías, rutas, parques, dotacións e equipamentos de titularidade municipal.

Ademáis das específicas que se poidan esixir nos programas para os que se realicen as contratacións, de maneira xeral, corresponde ao posto a realización das seguintes funcións:

- Obras de limpeza, mantemento, conservación de camiños e vías publicas, cunetas, taxeas e das de sinalización.

-Traballos de poda, xardinería e desbroce.

-Manexo de vehículos municipais para os que se atope capacitado o traballador

- Labores de albanelería, fontanería, pintura , carpintería e electricidade.

-Asi mesmo realizarán as tarefas que lle poidan asinar os órganos municipais competentes, para a satisfacción das necesidades propias do programa que rixa a contratación.

BASE 5ª.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes, deberán reunir os requisitos que se indican, referidos todos e cada un deles á ata de remate do prazo de presentación de instancias:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados.

b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa

c) Non se exise titulación académica específica por tratarse de posto do Grupo E

d) Ter categoría profesional de peón

e) Non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto

f)Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións

Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ous cargos públicos por resolución xudicial.

BASE 6º.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE CANDIDATOS.

As instancias nas que se solicite tomar parte no proceso selectivo presentaránse no Rexistro de Entrada do Concello, no modelo oficial que será facilitado nas oficinas municipais , en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracions públicas e procedemento administrativo común ( se se presenta por correos debe aparecer o selo de correos na solicitude) , durante o prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte á insercción do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Para ser admitido no proceso selectivo os aspirantes deberán anifestar que reúnen todos e cada un dos requisitos exisidos na convocatoria, referidos ao día no que remate o prazo de presentación de solicitudes , debendo presentar, xunto a solicitude, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou Tarxeta de Residente

b) Relación de méritos que aleguen os aspirantes pola orde que se establece nesta convocatoria. A dita relación engadiránse os documentos xustificativos dos mesmos ( en orixinal ou fotocopia compulsada). Non se valorarán aqueles méritos que non queden debidamente acreditados na forma que se establece nas presentes bases.

A relación de admitidos e excluídos aprobaráse por Resolución da Alcaldía, e publicaráse no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello no segundo día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Na mesma resolución indicaráse a composición da comisión seleccionadora e o día e hora no que terá lugar o inicio da valoración. No prazo de dous días hábiles poderán presentarse reclamacións, que serán resoltas por resolución da alcaldía o día hábiel seguinte a aquel no que finalice o prazo dos dous días. Se se aceptan reclamacións ,publicaráse inmediatamente anuncio na páxina web e no taboleiro de edictos da casa consistorial.

BASE 7ª.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.

O órgano de selección , para a elaboración desta lista, asi como para o seu control e correcta utilización, de conformidade co artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril do estatuto básico do empregado público, será colexiado e estará composto polo Presidente, secretario e tres vocais desinados pola Alcaldía.

A súa composición axustaráse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros que será exisible a todos e cada un deles individualmente considerados, tendendose á paridade ente muller e home. Deberán posuir titulación igual ou seperior á esixida para o acceso á praza convocada.

Os membros do Tribunal deberán absterse de formar parte desdes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da lei 30/1992, notificándose á autoridade convocante, ou cando realizen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á

publicación desta convocatoria. Os aspirante poderán recusalos segundo o disposto no artigo 29 da mesma lei.

Para a súa válida constitución deberan asistir máis da metade dos seus membros. No que respectaa a súa constitución e formación de voluntade estaráse ao disposto na lei de procedemento administrativo , quedando facultada para interpretar as presentes bases asi como para resolver as dúbidas que se poidan plantexar no proceso.

BASE 8ª.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

O procedemento de selección será o concurso de méritos.

BASE 9ª.- CRITERIOS DE SELECCIÓN.

Os aspirantes alegarán os seus méritos e unirán á solicitude os documentos que os acrediten, que se valorarán de acordo ao seguinte:

- Polo coñecemento do termo municipal, poderánse conceder cinco puntos. Entendése que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antigüedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidana acreditar o coñecemento do termo municipal na forma indicada, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará ata cinco puntos.

Acreditaráse mediante certificado de empadroamento ou mediante a realización das probas que realice o órgano de selección .

- Pola experiencia profesional en postos de Peón, Operario, Oficial ou similar, nos ámbitos indicados na base cuarta, con contrato laboral ou nomeamento como funcionario, a partir do ano 2000, poderán concederse ata 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

- 0,50 puntos por cada mes completo de traballo, no concello de Aranga.

- 0,30 puntos por cada mes completo de traballo noutra administración pública.

- 0, 10 puntos por cada mes completo de traballo na empresa privada.

A experiencia profesional acreditaráse mediante informe de vida laboral expedido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social, acompañado dos contratos de traballo ( cun documento aclaratorio no caso de que non se especifique o seu obxecto con claridade e as súas prórrogas) ou do certificado da empresa ou expedido pola administración correspondente .

- Por cursos de formación relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desempeñar e impartidos por una Administración Pública, Universidade, centros públicos ou concertados e organismos oficiais , se concederán ata 5 puntos , valorándose:

- Cursos de máis de10 horase menos de 50 horas: 0,50 puntos.

- Cursos de máis de50 horas e ata 100 horas : 1 punto.

- Cursos de máis de 100 horas : 2 puntos.

Os cursos xustificaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados, documentos ou títulos acreditativos .

- Por coñecemento acreditado do idioma galego( só se valora o de grao superior):

- Curso de iniciación ou Celga 3 : 2, 5 puntos.

- Curso de perfeccionamento ou Celga 4 : 5 puntos.

Só se valorarán os cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

- Por estar en posesión do permiso de conducir B1 : 5 puntos.

Se acreditará mediante fotocopia compulsada do mesmo.

No se admitirán copias nin fotocopias simples e non se admitirán os méritos que non se alegen ou que non esten documentalmente acreditados. O órgano de contratación poderá acordar a práctica de probas ou a realización de entrevistas que estime conveniente.Neste caso a orde de actuación será alfabética.

BASE 10ª.-SELECCIÓN.

O órgano de selección reuniráse á hora que determine o Sr.alcalde e que previamente se avisará no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello, segundo determina a base 6ª, a efectos de elaborar a lista correspondente de candidatos para a cobertura temporal de postos de traballo de peóns.

O órgano de selección levará a cabo a selección, mediante a valoración dos méritos, propoñendo á Alcaldía, unha listaxe de aspirantes, polo orde decreciente, segundo a puntuación obtida. Poderá deixarse deserta a convocatoria se se considera procedente. En caso de empates , estos resolveránse a favor dos aspirantes que maior puntuación obtiverán no apartado de experiencia profesional e , no caso de persistir, o órgano de selcción realizará sorteo.

Elaborada a lista , a comisión de selección elevarala á Alcaldía para que proceda a súa aprobación definitiva e publicaráse no Tablón de anuncios da Casa consistorial e na páxina web , a efectos da súa notificación aos participantes. Contra a resolución aprobatoria da lista, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo .

BASE 11ª.- CHAMAMENTOS.

A lista permanecerá en vigor até que se acorde a súa renovación ou se celebren as probas selectivas específicas.

Producida calquera situación das especificadas na base 1ª, procederáse ao chamamentom, vía fax, correo electrónico ou teléfono, da persoa que, segundo a orde de prelación que figura na lista, corresponda ser chamada. O candidato chamado , a quen corresponde, deberá presentarse no prazo de tres días naturais, salvo que se estableza no chamamento un prazo diferente. Se rechaza a proposta ou non se presenta no prazo indicado, faráse constar mediante dilixencia no expediente, procedendo a chamar ao seguinte integrante da lista de aspirantes.

No caso de que o aspirante a quen corresponda chamar estive traballando na corporación, se apreciará de oficio esta circunstancia, respectando a súa orde na lista para que, unha vez finalizada a contratación , ocupe o posto na lista que lle correspondía.

O candidato que non se presentase ou renunciase ao posto, perderá os seus dereitos , sendo excluído da lista, agás os casos de forza maior debidamente acreditados e apreciados pola Alcaldía, conservando neste caso a súa orde na lista aínda que se chamará ao seguinte.

Os integrantes da lista non perderá a súa orde de prelación ata a confección da nova lista ou ata que se xere o dereito a presetación de desemprego polo que, os aspirantes nomeados , logo de finalizar o período de contratacion, volverán ao posto que ocupaban na listaxe.

BASE 12ª.- INCORPORACIÓN E CESE.

O nomeamento e o cese realizaráse de conformidade coa lexislación vixente. A persoa chamada ( salvo que xa a tivese aportada) deberá presentar, no prazo de tres días naturais , a seguinte documentación:

-Declaración xurada de non estar separada mediante expediente disciplinario , de ningunha administración pública, nin inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

- Declaración xurada de non encontrarse incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

- Certificado médido de non padecer enfermedade ou limitación incompatible co desenvolvemento das funcións.

- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social, se fose o caso.

- Domiciliación da nómina.

Achegada a documentación será nomeado por Resolución da Alaldía, como persoal laboral temporal do concello de Aranga, debendo firmar o correspondente contrato e alta na seguridade social, pasando a incorporarse ao posto de traballo.

Se no prazo de tres días non presenta documentación, salvo casos de forza maior, non poderá ser contratado, quedando anuladas as actuacións, sen menoscabo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa instancia, pasando a ocupar o seu posto o seguinte da lista.

BASE 13ª.- RÉXIME XURÍDICO

En todo o no previsto nas presentes bases estaráse ao disposto na Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das bases do réxime local 7/1985 de 2 de abril, no Texto Refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986 de 18 de abril, o Real Decreto 36471995 do 10 de marzo que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de persoal ao Servizo da Administación e a lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

BASE 14ª.- IMPUGNACIÓN.

A presente convocatoria e os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/192 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

solicitudebolsapeons